O día 1 de xuño o alumnado de 1º ESO das materias de Proxecto Competencial
e Relixión xunto cos seus profesores Martá Cortés, Álex Caruncho e Miguel Martínez fixo o último tramo do Camiño de Inverno no que estiveron a traballar durante todo o curso.
Comezaron a ruta co reparto das cunchas como bos peregrinos.
Os tramos percorridos foron:
- Outeiro-Rubial.
- Rubial-A Susana.
- A Susana - Piñeiro
- Piñeiro- Santiago.
A andaina de 16 Km aproximadamente permitiulle ao alumnado gozar da paisaxe, da natureza e do espírito do Camiño.
Ao chegaren a Compostela, entraron pola rúa do Sar, para seguir pola porta de Mazarelos, Praza de Universidade e rúa de Calderería, Praza de Praterías e obxectivo cumprido, chegaron ao Obradoiro e visitaron a Catedral.
Por último, para repoñer forzas achegáronse ao Centro Comercial As Cancelas, onde xantaron e gozaron de tempo libre.
Unha recompensa ben merecida polo esforzo, pero iso é o camiño! Xa pola tarde regresaron cara ao Barco de Valdeorras.
Deixámosvos máis fotografías de diferentes momentos da xornada.