Skip to Content

Preguntas frecuentes

Preguntas frecuentes

 

 

ETICA e CIDADANÍA (4º ESO)

- Cantos exames vai haber por avaliación? Un.

- Como se establece a nota de avaliación? A cualificación vai de 0 a 10 e determinase realizando a media ponderada dos elementos seguintes: Proba: 40%; Traballo de lectura: 20%; Actividades caderno: 20%; Actitudes: 20%.

-Con que nota aprobo unha avaliación? Despois de establecer a media dos elementos citados, aprobas se acadas un 5.

- Como vai ser o exame de ética? Analizarás un texto de acordo coas seguintes normas:

a) aclarar o significado de termos ou ideas seleccionadas.

b) elaborar un esquema organizativo das ideas do texto.

c) sinalar tema.

d) sinalar tese.

e) elaborar un esquema expositivo ou argumentativo dunha posible composición.

- Como se califica o exame? Por cada un dos apartados sinalados arriba 2 puntos ata un máximo de 10.

- Cantos libros teño que ler? Terás que ler un por avaliación, e deberás traballalos seguindo un guión de lectura.

 

FILOSOFÍA e CIDADANÍA (1ºBACHARELATO)

- Cantos exames vai haber por avaliación? Un

- Como se establece a nota de avaliación? A cualificación vai de 0 a 10 e determinase realizando a media ponderada dos elementos seguintes: Proba: 85%; Traballo de lectura: 10%;  Actitudes: 5%.

-Con que nota aprobo unha avaliación? Despois de establecer a media dos elementos citados, aprobas se acadas un 5.

- Como vai ser o exame de filosofía? Normalmente, excepto nos contidos de lóxica, será un comentario de texto. Para comentar terás que realizar dúas tarefas fundamentais: analizar o texto e elaborar unha composición tendo en conta o traballo feito na análise. Para que te fagas unha idea máis clara consulta os modelos de exame que tes á túa disposición na páxina web do seminario.  Se é un exame de lóxica, terás que realizar os exercicios que se che propoñan.

- Como se califica o comentario de texto? Ata un máximo de 10, da seguinte maneira:

        - Identificación e comprensión da problemática...2 puntos.

 - Identificación e comprensión da tesitura do autor...2 puntos.

 - Relación coa actualidade e temas explicados na materia de filosofía...3 puntos.

 - Composición da exposición...3 puntos.

- Como se califican os exames de lóxica?  Todos os exercicios puntúan por igual ata un máximo de 10.

- Se suspendo unha avaliación teño dereito a recuperación? Si, cada avaliación negativa ten a correspondente recuperación. Pero non debes confundir a recuperación da 3ª avaliación cunha proba final.

- Como é o exame de recuperación? Se entregaches o traballo de lectura, igual que a proba de avaliación: un comentario de texto ou, se é o caso, exercicios de lóxica. Se non entregaches o traballo de lectura, deberás contestar a maiores a cuestións relacionadas co libro de lectura.

- Podo acadar igual nota nas recuperacións que nas avaliacións? Non. A nota máxima da recuperación é 5

 

HISTORIA da FILOSOFÍA (2º BACHARELATO)

- Cantos exames vai haber por avaliación? Haberá un exame por autor e poderá haber exames epocais. Así por exemplo, se a 1ª avaliación comprende a filosofía grega clásica, haberá un exame de Platón, un exame de Aristóteles e un exame epocal de toda a filosofía deste periodo.

- Vai haber traballo de lectura? De obras completas non, pero si de textos clave dos autores seleccionados para a PAAU.

- Como vai ser o exame? Seguindo o criterio que marca o Grupo de Traballo PAAU, un comentario dun texto que deberá referirse ás cuestións ou tópicos que o Grupo de Traballo  sinala para cada autor. O tópico aparecerá conxuntamente co texto.

- Como se califica o exame? Puntuación (ata un máximo de 10 puntos):

       - Comprensión e explicación da temática do texto e da tese do autor: 3 puntos.

       - Contextualización da temática do texto e da tese do autor  no pensamento do autor e no marco  histórico: 4 puntos.

       - Madurez persoal: orixinalidade, capacidade crítica, rigor conceptual, coherencia expositiva: 3 puntos.

 Se suspendo unha avaliación teño dereito a recuperación? Si, cada avaliación negativa ten a correspondente recuperación. Pero non debes confundir a recuperación da 3ª avaliación cunnha proba final.

- Como é o exame de recuperación? Igual que a proba de avaliación: un comentario de texto dalgún dos autores tratados.

- Podo acadar igual nota nas recuperacións que nas avaliacións? Non. A nota máxima da recuperación é 5

 

Distribuir contido


by Dr. Radut