Conferencias

Sesións Literarias: Socorro Venegas

25/01/2020 19:30
25/01/2020 21:30
Etc/GMT+1

La memoria dónde ardíaSocorro Venegas

Socorro Venegas

Conferencia da escritora Socorro Venegas co gallo da presentación da súa última obra "La memoria donde ardía" coa participación do editor Juan Casamayor.

Organiza: Club de Letras Lucus

Lugar: Salón de actos do IES Lucus Augusti

Data: 25 de xaneiro de 2020

Hora: 19:30

Entrada libre ata encher aforo.

"A memoria onde ardía" de Socorro  Venegas é un libro de narrativa poética, 19 contos para a evocación de sentimentos persoais e intransferibles que ela ofrece como pistas encriptadas en cada un dos seus relatos. O/a lector/a debe de interpretalos e facelos seus.

Notas

1. A resolución dun duelo mediante o intercambio de obxectos que evocan a ausencia, creando un novo afecto impregnado no aura do outro. A materia  deconstruíndo e reconstruíndo un sentimento.

2. A tradución desde a mente virxe dunha nena da pobreza e o alcoholismo confluíndo nun soño de felicidade inalcanzable compartida.

3. O lume precipitando en bucle os recordos, todos os que están asociados ao combustible, e que permanecen ocultos na memoria.

4. A metáfora a través da construción dun lenzo que representa unha xestación que é lida por unha muller como a lembranza dun amor perdido, doutra vida.

5. Un neno e unha nena, enfermos terminais, constrúen unha realidade  onírica desde a planta do hospital que os acolle.

6. As  expectativas dunha nai  xestante acerca do que atopará a súa crianza e como a súa actitude poderá resolver as súas dúbidas para chegar a ser "magnífico"

7. Unha invasión de escolares cegos vai colonizando un centro de ensino rexentado por monxas, a resposta do  alumnado que pasa do estupor á violencia que pecha o ciclo da mutación cara á cegueira colectiva.

8. O bloqueo xeado que lle produce o duelo a unha viúva se  derrete ao contacto doutra muller.

9. Unha historia de desamor  invulnerable á bruxería. Ela non regresará.

10.  Anagnórisis (descubrir un drama oculto no amor co que viviamos) a través da interpretación confrontada dunha película iraniana acerca de nenos buscadores de minas.

11. A mesma miseria, a falta de liberdade... Unha nai reproduce xunto aos seus fillos os seus recordos de infancia ata decidir un basta.

12. Depresión postparto.

13. Un home e unha muller. Ela só é "nai" el é un "home".

14. Un fillo non desexado, un pai suple o  desafecto da nai que se desvanece #ante o reclamo dunha febril "mamá'.

15. A erótica do prohibido. Un neno sentado ás portas das cantinas.

16. Unha muller, un amante pasaxeiro, 2 homes, un lugar novo na súa vida, morte.

17. Tres mulleres, tres xeracións de soidade, unha promesa: ver o mar. Pero é tarde e innecesario.

18. O censo nun pobo illado, nenos e miseria, facer o amor fuxindo da miseria e ser espertados por ela. 

19. Unha viúva amortece a dor da ausencia coa banda sonora da súa vida en parella. Quere clonar a alma do seu amor perdido 

Introdución aos mass media

Charla do xornalista Paco Nieto. "Introdución aos mass media"

Data: 5 de novembro de 2019 / 9:35 a 11:15

Alumnado: Bacharelato

Álbum: Conferencias -> Charla Paco Nieto

Charla sobre Violencia de Xénero

18/11/2019 16:00
18/11/2019 17:30
Etc/GMT+1

Charla sobre violencia de xénero

 

 

Violencia de xénero

Ponentes: Sandra Piñeiro / xuíza + Marta Engroba /Presidenta da Asociación "Sí, hai saída"

18 de novembro de 16:00 a 17:30 / Salón de Actos do IES Lucus Augusti

Organiza: Club de Letras Lucus  

 

 

 

Cartel Faladoiros FeministasConferencia da xornalista Eliana Martíns "Xornalismo con lentes moradas: xénero e comunicación".

Eliana foi unha das mulleres que propiciu o documento de compromiso dos medios de comunicación para a correcta cobertura e tratamento dos casos de violencia de xénero. Enlace.

"Todos os medios teñen unha perspectiva de xénero: En xeral, a do xénero masculino. Para cambialo necesitamos un xornalismo feminista"

"Os medios son axentes socializadores e, como tales, foron complices da normalización de violencias contra a muller, como a cultura da violación. É tempo de que sezan axentes socializadores feministas e constrúan igualdade".

Nota de prensa

Venres 25 de outubro ás 20:00 / Salón de actos IES Lucus Augusti

Organiza: Club de Letras Lucus

 

Powered by Drupal - Design by artinet