Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Matemáticas

PENDENTES MATEMÁTICAS 2021-22

Aquí podedes atopar a información sobre a avaliación de pendentes do departamento de matemáticas para o curso 2021-22 e os boletíns para preparar os parciais que se vaian facendo (nos arquivos adxuntos a esta nova), así como as datas dos distintos exames:

  • 1º Parcial de pendentes: do 17 Xaneiro ó 21 de Xaneiro. (Xoves 20 de Xaneiro as 10:20)

  • 2º Parcial de pendentes:

     -1º ESO: Xoves 07 de Abril as 10:20.


     -3º ESO: Xoves 21 de Abril as 10:20.

  •  Avaliación ordinaria Xuño - Final de pendentes (para os que non superaran a materia nos dous primerios parciais): do 8 de Xuño o 22 de Xuño.

Con motivo da ORDE do 25 de xaneiro de 2022, modifícase a información de pendentes con data do 01-04-22.

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

Tanto nesta nova coma na Aula Virtual do Centro, en cada un dos cursos da materia de matemáticas, poderase ter acceso as Programacións Didácticas e o resumo dos criterios de avaliación e cualificación do departamento de matemáticas referidas o curso actual.

Así mesmo, poderanse descargar nos ficheiros adxuntos desta nova.

Con motivo da ORDE do 25 de xaneiro de 2022, modifícanse as programacións didácticas así coma os criterios de avaliación con data do 01-04-22.

COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO

Durante o curso académico 2021/2022, a docencia asignada ao Departamento de Matemáticas estará distribuída da seguinte maneira:

DANIEL FERNÁNDEZ SILVA, que impartirá as materias de:

  • Reforzo de matemáticas en 1º ESO.
  • Matemáticas en 2º ESO.
  • Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas en 3º ESO.
  • Matemáticas orientadas as ensinanzas académicas en 4º ESO.

IVÁN DÍAZ VILLAVERDE, que impartirá as materias de:

  • Matemáticas en 1º ESO.
Distribuir contido


by Dr. Radut