Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Consello escolar

Actas das reunións do Consello Escolar e as súas comisións

Estas son as actas das reunións do Consello Escolar e as súas comisións, nomeadamente a económica, organizadas por cursos escolares.

Votacións para o Consello escolar

O luns 22 de novembro de 2021 celebráronse as eleccións ao Consello escolar no centro. As votacións leváronse a cabo sen ningún incidente e o alumnado mostrouse moi participativo.

A continuación, pódese ver unha instantánea da xornada:

 

ELECCIÓNS DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR DO IES LAMAS DE CASTELO 2021

ANUNCIO DO SORTEO PÚBLICO PARA A ELECCIÓN DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG do 29 de setembro de 2021) realizarase proximamente neste centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR, que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto e  estará integrada por:

  • O director ou directora do centro
  • Un profesor ou profesora
  • Un pai ou nai ou titor ou titora legal
  • Un representante do persoal de administración e servizos

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme establece na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá designación de membros suplentes, celebrarase neste centro o próximo día 26, martes, ás 11.20 horas.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

ELECCIÓNS DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR DO IES LAMAS DE CASTELO 2021

ANUNCIO DO INICIO DO PROCESO DE ELECCIÓNS DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR DO IES LAMAS DE CASTELO

A resolución do 20 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional establece o calendario para a celebración de eleccións dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar dos centros educativos, que correspondía celebrar no curso 2020/21 e que foron aprazadas. Porén, os nomeamentos serán ao sumo por tres anos.

As eleccións dos representantes dos sectores da comunidade educativa que cómpre renovar (profesorado, alumnado, pais/nais ou titores) celebraranse entre os días 22 e 26 de novembro, ambos os dous incluídos. A data exacta será decidida pola Xunta Electoral, que se constituirá entre o 2 e o 5 de novembro de 2021, ambos os dous incluídos.

Durante todo este procedemento respectaranse as medidas de prevención e hixiene recollidas no Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario para o curso 2021/22, ou calquera outra medida establecida para os centros educativos.

As convocatorias e o resto da información, agás os censos aparecerán na páxina web do instituto.

Composición do consello escolar

Os membros do consello escolar para o curso 2020/21 son :

EQUIPO DIRECTIVO

  • Mª Isabel Trillo González

REPRESENTANTES DO PROFESORADO

  • Francisco José Calvo Rúa
  • Renée Huerta Latrille

REPRESENTANTE DO ALUMNADO

REPRESENTANTE DOS PAIS/NAIS

REPRESENTANTE DO CONCELLO

  • Rafael Antonio Riveiro Piñeiro

Eleccións ao Consello Escolar - 2016

En 2016 corresponde realizar unha renovación parcial dos membros do Consello Escolar. Cómpre renovar un representante do profesorado, un das familias e un do alumnado.

17/10 - Anuncio do inicio do proceso de eleccións dos membros do Consello Escolar do IES Lamas de Castelo

 2/11 - Acta do sorteo público de integrantes da Xunta Electoral (celebrado o mércores 2 de novembro ás 11:30 na entrada do instituto).

4/10 - Acta de constitución da xunta electoral

4/10 - Acta da 1ª reunión da xunta electoral

Calendario electoral

16/11 - Acta da 2ª reunión da xunta electoral

21/11 - Acta da 3ª reunión da xunta electoral

Durante este, realizouse o sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais dos sectores de alumnado e de representantes.

25/11 - Votacións

28/11 - Acta da 3ª reunión da xunta electoral - Proclamación dos resultados

 

Eleccións ao Consello Escolar - 2012

19/10/12 - Anuncio do inicio do proceso de eleccións dos membros do Consello Escolar do IES Lamas de Castelo

23/10/12 - Anuncio do sorteo público para a elección dos membros da xunta electoral

03/11/12 - Resultados do sorteo púlbico para a elección dos membros da xunta electoral

03/11/12 - Acta da Xunta Electoral - 1ª reunión

  Estabelécese o calendario electoral seguinte:

Venres 9 de novembro

 

Apertura de prazo para a presentación de candidaturas

Exposición do censo electoral

Venres 16 de novembro Proclamación provisoria de candidaturas
Luns 19 e martes 20 Período de reclamacións

Mércores 21 de novembro

 

Proclamación definitiva de candidaturas

Sorteo dos membros das mesas electorais

Martes 27 de novembro Eleccións
Mércores 28 de novembro Proclamación oficial de resultados
Martes 4 de decembro Constitución do Consello Escolar

   Os censos electorais están expostos no taboleiro de anuncios da Secretaría do Centro.

16/11/12 - Acta da Xunta Electoral - 2ª reunión

21/11/12 - Proclamación de candidaturas.

Non se tendo presentado ningunha reclamación, proclámanse as candidaturas seguintes:

A. Sector de pais/nais

1. María Mercedes García Lago

2. José Ramón Beiro Lestón

B. Sector do alumnado

1. Martina Lobelos Mendoza

2. Miguel Fernández Sambad

C. Sector do profesorado

1. Elda Pérez Fernández

2. Carolina Hernández Abad

28/11/12 - Proclamación de candidaturas

A Xunta Electoral proclama os seguintes membros electos:

A. Sector de pais/nais: María Mercedes García Lago

B. Sector do alumnado: Martina Lobelos Mendoza

C. Elda Pérez Fernández

A reunión constituínte do Consello Escolar celébrase o 4 de decembro.

Consello Escolar, eleccións 2008: Proclamación definitiva de resultados

Na reunión do 25 de novembro, a xunta electoral proclamou
oficialmente os resultados seguintes:

 

  1. Sector de Alumnado:
    • Candidatos elixidos:
      1. Domingo González Blanco - 55 votos
    • Candidatos non elixidos:
      1. Non houbo
Distribuir contido


by Dr. Radut