Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




ELECCIÓNS DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR DO IES LAMAS DE CASTELO 2021

ANUNCIO DO SORTEO PÚBLICO PARA A ELECCIÓN DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG do 29 de setembro de 2021) realizarase proximamente neste centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR, que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto e  estará integrada por:

  • O director ou directora do centro
  • Un profesor ou profesora
  • Un pai ou nai ou titor ou titora legal
  • Un representante do persoal de administración e servizos

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme establece na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá designación de membros suplentes, celebrarase neste centro o próximo día 26, martes, ás 11.20 horas.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.



book | by Dr. Radut