Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Educación Física

Torneo de ULTIMATE NA PRAIA DE SABÓN

03/06/2023 07:15
03/06/2023 16:30
Europe/Madrid

O IES Lamas de Castelo leva dous equipos para participar, na categoría de OPEN, no I Torneo Intercolexial de ULTIMATE organizado polo Clubr POLBOULTIMATE de  A Coruña

Adestramento ULTIMATE no poli de Lamas (hai marea alta na praia) 3o ESO + convocados de 4o ( Aleixo, Danna, Xabier e Lamela) e de 2o (Zaira, Martiño, Xurxo e Alberto)

26/04/2023 10:20
26/04/2023 12:30
Europe/Madrid

O POLBOULTIMATE da Coruña volve adestrar aos nosos equipos para a competición do 3 de xuño

Adestramento 3o ESO: ULTIMATE na praia

19/04/2023 10:20
19/04/2023 12:30
Europe/Madrid

O Equipo coruñes POLBOULTIMATE, virá adestrar os noso equipos de cara á competición do 3 de xuño. 

Curso 2023-24

Mª Elda Pérez Fernández é a Xefa do Departamento de Educación Física e imparte a materia en todos os cursos da ESO.

 

3ª avaliación Curso 2019-2020

IMPORTANTE:

Nesta  terceira avaliación traballaremos na aula virtual

Se non podes acceder ao teu Curso de Educación Física, escríbeme ao correo Elda

CURSO 2019-20

PRESENTACIÓN DA MATERIAGuay

A materia está organizada en catro bloques de contidos: Condición física e saúde, Xogos e Deportes, Expresión Corporal e Actividades no medio natural.

1º ESO

No primeiro bloque veremos que é a Educación Física e para que serve, qué é o quecemento, como se realiza e para que serve. Faremos actividades e xogos para a mellora da condición física, e exerciciós de corrección postural.

O voleibol, o atletismo, deportes de raqueta e outros xogos de recreación ocuparán a partes de Xogos e Deportes. Tamén practicaremos xogos e deportes tradicionais de Galicia.

Dentro da Expresión Corporal faremos algunha danza sinxela e xogos de comunicación e imitación.

Tamén aprenderemos a facer algúns nós, organizaremos camiñadas polo entorno cercano ao centro e veremos nocións básicas sobre a acampada.

2º ESO

Condición Física e Saúde: Faremos actividades de quecemento e acondicionamento físico e traballaremos as capacidades físicas básicas.

Xogos e Deportes: Realizaremos xogos con implementos, actividades pre-acrobáticas, malabares, baloncesto, repasaremos o bádminton e os xogos tradicionais.

Expresión Corporal: Faremos algunha danza do Renacemento e actividades de expresión co corpo.

Actividades no medio natural: Aumentaremos a nosa destreza facendo nós, faremos algunha camiñada e xogos de orientación.

3º ESO

Condición física e Saúde: Estudaremos o quecemento, o aparato locomotor e traballaremos o acondicionamento físico xeral.

Xogos e Deportes: Voleibol, actividades ximnásticas, xogos tradicionais e de recreación.

Expresión corporal: Faremos unha ou dúas danzas do mundo.

Actividades no medio natural: Carreiras de orientación

4º ESO

Condición Física e Saúde: Quecemento, adestramento deportivo, acondicionamento físico, respiración e relaxación. Tamén estudaremos as lesións máis comúns no deporte e os primeiros auxilios para tratalas.

Xogos e Deportes: Faremos un repaso xeral de todos os deportes e xogos tratados en anos anteriores en forma de competición.

Expresión Corporal: Coreografías e Precusión Corporal.

Actividades no medio natural: A orientación.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut