Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




CURSO 2019-20

PRESENTACIÓN DA MATERIAGuay

A materia está organizada en catro bloques de contidos: Condición física e saúde, Xogos e Deportes, Expresión Corporal e Actividades no medio natural.

1º ESO

No primeiro bloque veremos que é a Educación Física e para que serve, qué é o quecemento, como se realiza e para que serve. Faremos actividades e xogos para a mellora da condición física, e exerciciós de corrección postural.

O voleibol, o atletismo, deportes de raqueta e outros xogos de recreación ocuparán a partes de Xogos e Deportes. Tamén practicaremos xogos e deportes tradicionais de Galicia.

Dentro da Expresión Corporal faremos algunha danza sinxela e xogos de comunicación e imitación.

Tamén aprenderemos a facer algúns nós, organizaremos camiñadas polo entorno cercano ao centro e veremos nocións básicas sobre a acampada.

2º ESO

Condición Física e Saúde: Faremos actividades de quecemento e acondicionamento físico e traballaremos as capacidades físicas básicas.

Xogos e Deportes: Realizaremos xogos con implementos, actividades pre-acrobáticas, malabares, baloncesto, repasaremos o bádminton e os xogos tradicionais.

Expresión Corporal: Faremos algunha danza do Renacemento e actividades de expresión co corpo.

Actividades no medio natural: Aumentaremos a nosa destreza facendo nós, faremos algunha camiñada e xogos de orientación.

3º ESO

Condición física e Saúde: Estudaremos o quecemento, o aparato locomotor e traballaremos o acondicionamento físico xeral.

Xogos e Deportes: Voleibol, actividades ximnásticas, xogos tradicionais e de recreación.

Expresión corporal: Faremos unha ou dúas danzas do mundo.

Actividades no medio natural: Carreiras de orientación

4º ESO

Condición Física e Saúde: Quecemento, adestramento deportivo, acondicionamento físico, respiración e relaxación. Tamén estudaremos as lesións máis comúns no deporte e os primeiros auxilios para tratalas.

Xogos e Deportes: Faremos un repaso xeral de todos os deportes e xogos tratados en anos anteriores en forma de competición.

Expresión Corporal: Coreografías e Precusión Corporal.

Actividades no medio natural: A orientación.

 



page | by Dr. Radut