Relendo a Castelao
O 30 de xaneiro cúmprense 125 anos do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un dos persoeiros máis destacados da nosa cultura polo seu labor en moi diversos eidos: artes plásticas, política, literatura...e a federación Galiza Cultura vai renderlle homenaxe en diversas vilas e cidades galegas.
Queremos animarvos a ler ou reler a súa obra. Moitos dos seus libros podedes atopalos na nosa biblioteca.