Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Concurso de adiviñas na Biblioteca Escolar

En xaneiro e febreiro...

 

Gran concurso de adiviñas!

SURPRISE.jpg

Presentamos na nosa Biblioteca Escolar do Lamas o I Concurso de Adiviñas

xa rematou este concurso, celebrado todas as semanas na Biblioteca (puntualmente os martes e xoves), dende o 17 de xaneiro  ata o 23 de febreiro.  Velaquí as bases para quen queirades recordalas.

  • Participou sobre todo o alumnado de 1º e 2º da ESO. O concurso consistiu en atopar a solución correcta (pensando ou buscando a información) das adiviñas que se publicaron na Biblioteca.
  • Premios: a entrega de premios para todos os gañadores será este mércores, 8 de marzo, no recreo e na propia Biblioteca. Concederase un único premio por adiviña e día. En caso de haber varias respostas correctas, a gañadora será a primeira por estrita orde de recepción. O premio (sorpresa) consistirá en material escolar.

  • Xurado: estivo composto polo Equipo de Biblioteca: a coordinadora e profesora de L. Francesa e o profesor de LG.

 E xa rematamos!

Primeira adiviña: martes, 17 de xaneiro de 2017. ANUNCIO: o gañador desta adiviña foi (por aproximación á resposta correcta) Xurxo, de 2º. Parabéns!

Segunda adiviña: xoves, 19 de xaneiro de 2017. (Queda deserto por falta de participación)

Terceira adiviña: martes, 24 de xaneiro de 2017. (Queda deserto por falta de participación)

Cuarta adiviña: xoves, 26 de xaneiro de 2017. Gañadoras: Rebeca, Lucía, María S. e María T. e Alba L., de 2º. Como participan en grupo, o seu premio ten que ser lixeiramente diferente ao do resto... Sorpresa!

Quinta adiviña: martes, 31 de xaneiro de 2017. Xa temos gañador: Leonardo Caamaño, de 1ºA. Parabéns!

Sexta adiviña: xoves, 2 de febreiro de 2017. Gañador: Xurxo, de 2º. Parabéns!

Sétima adiviña: martes, 7 de febreiro de 2017. Gañadoras: participando en grupo, María T., María S., Rebeca e Alba de 2º, con axuda de Lúa de 1º. Parabéns!

Oitava adiviña: xoves, 9 de febreiro de 2017. Houbo moita participación (7 respostas). Porén, a resposta correcta era "a pataca". Se ben ninguén acertou con ela, decidimos conceder o premio á resposta máis acaída por lóxica. Leva o premio Ainhoa, de 2º. Parabéns!

Novena adiviña: martes, 14 de febreiro de 2017. Temos gañadoras: María T. e María S.,de 2º. Parabéns!

Novena adiviña: xoves, 16 de febreiro de 2017. Os gañadores foron tamén os primeiros en dar a súa resposta; parabéns Antía F. de 2º e Chema, de 1ºA!

Décima adiviña: martes, 21 de febreiro de 2017. A gañadora, finalmente foi María T., de 2ºA. Noraboa!

11ª e derradeira adiviña: xoves, 23 de febreiro de 2017. O gañador foi en realidade o terceiro en dar a súa resposta: parabéns Marcos, de 2ºA!

AdxuntoTamaño
Anuncio adiviñas na Biblioteca-1.pdf198.96 KB
Anuncio adiviñas na Biblioteca-2.pdf168.23 KB
Anuncio adiviñas na Biblioteca-3.pdf872.16 KB
Concurso Adiviñas-Entrega premios.pdf873.93 KB
Concurso Adiviñas-Lista premiados.pdf135.15 KB


book | by Dr. Radut