Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Viaxe a Roma, febreiro de 2016

Alumnado:

3º de ESO

Datas:

8-12 de febreiro

Esta actividade realízase compartíndoa co IES Urbano Lugrís da Coruña.

Co itinerario pedagóxico por Roma preténdese que o alumnado aprenda a valorar a xeografía, historia, arte, costumes e a lingua desta cidade. Ademais, o feito de compartir a viaxe con outro instituto considérase unha boa oportunidade para o alumnado de coñecer xente nova coa que de seguro compartirán gustos e afeccións.

No marco dos contidos, faise un percorrido por Roma ao tempo que se ofrecen características concretas co obxectivo de que a viaxe proporcione aos alumnos/as coñecementos de diversos campos culturais (visita aos museos vaticanos, visita guiada das catacumbas de San Sebastián e da Roma barroca, Coliseo...). Os percorridos elixidos, cremos, son útiles e moi atractivos para os rapaces e rapazas.

Desde o punto de vista do alumnado intentamos que as actividades sexan enriquecedoras, tanto no aspecto individual como no social.

Desexamos que a posibilidade de coñecer outros territorios os leve a descubrir novos espazos culturais, realidades sociolingüísticas diferentes, aspectos xeográficos distintos e, en xeral, sexa unha experiencia positiva.

DATOS DE INTERESE

AXENCIA DE VIAXES

Halcón Viajes R/FEDERICO TAPIA 13 - A Coruña

TLF: 981 22 86 09 email: gruposzonanorte@halcon-viajes.es

HORARIO DO VOO

08/02/16 (Luns)

A CORUÑA 09:20 - 10:40 MADRID

MADRID 12:05 - 14:30 ROMA

12/02/16 (Venres)

ROMA 12:00 - 14:35 MADRID

MADRID 15:40 - 16:55 CORUÑA

COMPAÑÍA: Iberia

PROFESORADO ACOMPAÑANTE

Mª Josefa Rodríguez Malvárez máis dous profesores do IES Urbano Lugrís.

HOTEL

Hotel Porta Maggiore***

TAXAS e FIANZA

As taxas de aloxamento na cidade de Roma (4 euros por persoa e noite) non están incluídas no prezo da viaxe e deberán pagalos no hotel.
Os hoteis cobran unha fianza de 10/20 euros por persoa (non concretaron o prezo exacto), que se devolverá o último día sempre e cando se respectasen as normas do hotel e se coidasen as instalacións do mesmo.

CEAS

As 4 ceas (1º prato, 2º prato, sobremesa e auga) están reservadas ás 21:00 horas no restaurante La famiglia na zona de Termini.

AUTOBÚS TRASLADO CARNOTA/AEROPORTO – AEROPORTO/CARNOTA

Autos Comparado (Opcional)
No caso de realizar os traslados en autobús o horario sería o seguinte:

  • Saída da praza do concello de Carnota as 6:00h – Chegada aproximada ó aeroporto 7:30 h
  • Saída do aeroporto 17:15 h aprox.- Chegada á praza do concello de Carnota ás 18:45 aprox.

En caso de querer realizar os traslados sen autobús todos os alumnos deben de estar no aeroporto ás 7:30 h. É moi importante ser puntuais.

AVISOS DE INTERESE

  • A maleta que se factura debe de ter un peso máximo de 23 kg. Poden levar ademais un bolso ou mochila pequena (recomendable para as visitas pola cidade), que non se facturará. Neste bolso de man, que non pode exceder as seguintes medidas e peso: 55x40x20 cm, está prohibido levar líquidos ou cremas que superen os 100 ml, e obxectos punzantes… (Son as normas do aeroporto).
  • Se algún alumno ou alumna necesita tratamento médico NON ESQUECER LEVAR A CANTIDADE NECESARIA DE MEDICAMENTO. (Deberíase levar unha pequena cantidade do medicamento que se precise no bolso de man, salvo líquidos que sobrepasen os 100 ml que deben ir na maleta que se factura).
  • Avisar se presentan algunha alerxia ou problema particular (por exemplo-intolerancia a alimentos, para poder avisar no restaurante con tempo)
  • Levar roupa e calzado cómodo e algo de comida (chocolates, galletas, froitos secos, patacas fritas etc.) para o primeiro día, xa que a hora de chegada a Roma está prevista para as 14:30 horas.

DOCUMENTOS E OBXECTOS NECESARIOS

  • DNI en vigor

  • Pasaporte en vigor

  • Tarxeta sanitaria europea

  • Autorización da Garda Civil

NORMAS DA VIAXE

Tal e como está establecido nas Normas de Organización e Funcionamento do Centro:

  1. O alumnado mostrará especial coidado en non producir danos no hotel, nos medios de transporte que se usen e nos museos, atraccións e demais lugares que se visiten. Sirva de exemplo que na visita guiada á Roma barroca entregaráselle ós alumnos uns auriculares que deben devolver ó final da mesma. En caso de non devolvelos ou de rompelos por un mal uso terán que abonar 100 euros por cada un.
  2. Deberán seguir en todo momento as instrucións dos profesores acompañantes – dos tres profesores, non unicamente da profesora deste centro-, condutores e responsables das instalacións e edificios que se usen.
  3. Terán especial coidado en respectar as horas de saída e entrada nas visitas e chegarán con puntualidade ós lugares de reunión.
  4. Non deixarán o grupo baixo ningún pretexto. Non se aceptará a escusa de ter un teléfono móbil. O grupo debe funcionar como tal, polo que as individualidades non están ben vistas.
  5. Mostrarán un trato respectuoso cara todas as persoas coas que se relacionen durante a viaxe.
  6. Respectarán as horas establecidas para retirarse a durmir, así como o sono dos turistas e demais compañeiros
  7. Queda totalmente prohibida a entrada de xente allea á excursión nos cuartos.
  8. Nas visitas absteranse de usar o móbil, que terá que estar apagado ou en silencio.
  9. Absteranse de inxerir bebidas alcohólicas, drogas e de fumar.
  10. No caso de repatriación do/a alumno/a debido a causas de forza maior os profesores acompañantes terán a obriga de acompañar a este (como mínimo) ata o medio de transporte que o leve de volta a España, sendo responsabilidade dos pais recollelo no punto de destino.

PROGRAMA DA VIAXE

  • LUNS 08/02: A CORUÑA-MADRID-ROMA

Encontro no aeroporto da Coruña á hora acordada. Trámites de facturación e embarque. Saída do voo a Roma vía Madrid. Traslado dende o aeroporto ó hotel. Distribución de habitacións. Pola tarde, panorámica de Roma en autobús privado con guía oficial. Cea no restaurante e aloxamento.

  • MARTES 09/02: ROMA

Almorzo no hotel. Encontro co guía oficial ás 9:30 h na praza Barberini para realizar o percorrido da Roma Barroca (Piazza de España, “Fontana di Trevi”, Panteón, Piazza Navona coa Fuente dos Catro Ríos de Bernini.). Tarde libre para realizar visitas culturais. Cea no restaurante e aloxamento no hotel.

  • MÉRCORES 10/02: ROMA

Almorzo no hotel. Ás 10.00 h o grupo asistirá á Audiencia Papal na Praza de San Pedro e ás 12.00h visita dos Museos Vaticanos sen facer cola. Tarde libre para realizar visitas culturais. Cea no restaurante e aloxamento.

  • XOVES 11/02: ROMA

Almorzo no hotel. Pola mañá visita do Coliseo e Foro Romano. Pola tarde (16 h) visita das Catacumbas de San Sebastián. Cea en restaurante e aloxamento.

  • VENRES 12/02: ROMA-MADRID-A CORUÑA

Almorzo no hotel. Á hora acordada traslado ó aeropuerto de Roma. Trámites de facturación e embarque. Saída do voo de regreso á Coruña vía Madrid. Chegada ó aeroporto de Alvedro.



page | by Dr. Radut