Queres ser axudante de biblioteca?
Un ano máis, este é o oitavo, seguimos incorporados no Plan de Mellora da Biblioteca Escolar (PLAMBE) e queremos que sigades participando e implicándovos nela.
O equipo de biblioteca (Mariluz, Susana e Renée) precísavos para que botedes unha man, polo que estamos buscando axudantes entre o alumnado.
Se vos interesa, pasade pola biblioteca nos recreos a informarvos e a cubrir a solicitude. Agardámosvos!!!