Literatura e cine
Hoxe recomendamos dúas historias que son noticia e que van dar moito que falar: A casa da luz de Xabier P. Docampo e La invención de Hugo Cabret de Brian Selznick.
A primeira é unha novela galega escrita por Docampo e ilustrada por Xosé Cobas. Baseándose na novela, o director de cine Carlos Amil fixo unha película que xa chega ás salas de exhibición. Se vos gustan as aventuras, o misterio e o debuxo, pode que este libro vos encante e tamén a película. Podedes ler a ficha técnica da película aquí.
A segunda é unha novela do escritor estadounidense Brian Selznick, traducida ao castelán. Esta novela, que combina a narración máis tradicional coa novela gráfica, é unha lectura que atrapa a quen se deixa levar pola imaxinación. Aínda que a protagonista é un neno, resulta interesante para calquera tipo de lector. A súa versión cinematográfica dirixiuna Martin Scorsese e acaba de pasar polos premios Oscar con 11 nominacións e un Globo de Ouro.