Skip to Content

FOL

Formación e Orientación Laboral

Profesorado FOL

Departamento: Formación e orientación laboral

 

Coordinador: Cerviño Paramés, Julia

1 Cerviño Paramés, Julia

2 Rodrigo García, Marta

O IES A Guía crea o Xardín do Emprendedor

O IES A Guía aposta polo emprendemento dende o seu departamento de Formación e Orientación Laboral (FOL), poñendo en marcha o Xardín do Emprendedor. Este espazo simboliza o traballo de transformar unha idea nun proxecto real, que xere traballo por conta propia, xa que ao igual que unha árbore, un emprendedor pode botar a semente dunha idea e cultivala con coidado e paciencia para que dé os seus froitos.

Ademais do departamento de FOL (organizador da actividade), colaboraron tamén os departamntos de Comercio e Márketing e o de Economía, facendo partícipe ao alumnado de Formación Profesional (1º de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, 2º de Acondicionamento Físico) e da ESO (4º ESO). O Xardín do Emprendedor foi financiado por unha banda co "Reto dos 5 euros", no que o alumnado de FP debía poñer en marcha idea de negocio cunha inversión máxima inicial de 5 euros e levala a cabo no centro establecendo prezos populares polo producto á venda (0,20€). Houbo actividades de todo tipo incluíndo xadrez, participacións en rifas, debuxos personalizados, espectáculos de maxia, venda de café, etc. A outra parte da financiación correu a cargo de 4º de ESO coa creación da cooperativa Agarime (dentro do proxecto educativo DepoEmprende), na que puxeron á venda bolsas de tela reciclables con deseño propio, ademais do sorteo dunha cesta no Entroido. Debido a súa repercursión, o xornal escolar atlántico cubriu a noticia, que podedes ler de seguido:

Distribuir contido


by Dr. Radut