Club de Ciencias

Escape rooms matemáticos no Samaín

O pasado venres 29 de outubro, coincidindo coa celebración do Samaín, todo o alumnado da ESO e de 1º de Bacharelato participou en varios Escape Rooms na biblioteca do centro organizados polo departamento de matemáticas. E ti? Apúntaste o seguinte?

 

velas

Como funciona un semáforo para invidentes?

Na materia de Tecnoloxía Industrial II, o alumnado de 2º de bacharelato explica á perfección como construír un semáforo para invidentes empregando a tarxeta programable de arduíno.

Como acendemos un LED?

A semana pasada o alumnado de 4º da ESO de Tecnoloxía estiveron empregando a tarxeta programable de Arduíno para acender un LED (Light Emiting Diode) 

Sal común en escamas e "zafiros falsos"

E xa temos as cristalizacións rematadas!!! O alumnado de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional de 4º de ESO obtiveron cristais de cloruro de sodio (ou sal común, de cor branca) que se fixeron moi populares nos últimos anos como "sal en escamas". Por outra banda, obtiveron tamén cristais de sulfato de cobre (II), de cor azul imitando ás cores dos zafiros.

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer