O Concello de Mos convidounos á I Mostra de Educación e Formación os días 4 e 5 de maio. Así que preparamos un stand cunha selección de cousas que se fan no noso centro para que aqueles interesados poidan coñernos un pouco mellor.
O luns 2 de maio, o alumnado foi quen de atopar 3 chaves agochadas nos arredores do IES A Guía, tras unha rolda de 3 preguntas científicas, para acadar a posibilidade de facer a proba final contestando a todas as preguntas do trivial.
O noso alumnado de 2º de Acondicionamento Físico participou na organización do Aqua Summit en Navia. Portugalaquatraining, que lles impartiu a formación de Fitness acuático, convidou a un equipo a impartir unha actividade.
Podedes ver un anaco do espectacular desempeño do noso alumado: