Departamentos

          Bolboreta         

Revista escolar

Logo EDLG

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA FABRICACIÓN E MONTAXE

 

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

FABRICACIÓN E MONTAXE

 

¿Que título se obtén?

Profesional básico en Fabricación e montaxe
Duración

 2.000 horas

¿Que se aprende a facer? Realizar operacións básicas de mecanizado e montaxe para a fabricación mecánica con materiais férricos, non férricos e tecnoplásticos, así como para a instalación e o mantemento de elementos de redes de fontanaría, calefacción e climatización, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
¿En que ámbitos se traballa?

Actividade por conta allea en grandes, medianas e pequenas empresas dedicadas á fabricación e á montaxe de produtos mecánicos e electromecánicos, así como á montaxe e ao mantemento de instalacións de fontanaría, calefacción e climatización.

¿Que ocupacións se desempeñan?

- Peón de industrias manufactureiras.

- Auxiliar de procesos automatizados.

- Montador/ora de equipamentos de calefacción. 

- Mantedor/ora de equipamentos de calefacción.

- Fontaneiro/a.

- Montador/ora de equipamentos de climatización.

- Mantedor/ora de equipamentos de climatización.

- Instalador/ora de redes de subministración e distribución de auga.

¿Cales son os módulos deste ciclo?

1º CURSO:

- Operacións básicas de fabricación

- Soldadura e carpintaría metálica

- Carpintaría de alumunio e PVC

- Ciencias aplicadas I

- Comunicación e sociedade I

2º CURSO:

- Redes de evacuación

- Fontanería e calefacción básica

- Montaxe de equipamentos de climatización

- Ciencias aplicadas II

- Comunicación e sociedade II

- Formación en centros de traballo

¿A que outros estudos se pode acceder?

Acceso directo a calquera ciclo de grao medio.

Con preferencia, no caso de haber máis solicitudes que prazas, para a admisión nos ciclos de grao medio das seguintes familias profesionais: Edificación e obra civil, Electricidade e electrónica, Enerxía e auga, Fabricación mecánica, Industrias extractivas, Informática e comunicacións, Instalación e mantemento, Madeira, moble e cortiza, Marítimo-pesqueira, Química, Transporte e mantemento de vehículos.