Departamentos

          Bolboreta         

Revista escolar

Logo EDLG

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA SERVIZOS ADMINISTRATIVOS

 

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

SERVIZOS ADMINISTRATIVOS

 

¿Que título se obtén?

Profesional básico en Servizos administrativos
Duración

 2.000 horas

¿Que se aprende a facer? Realizar tarefas administrativas e de xestión básicas, con autonomía, responsabilidade e iniciativa persoal, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas ambientais, de seguridade e de hixiene no traballo, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
¿En que ámbitos se traballa?

En centros, oficinas, despachos e departamentos administrativos ou comerciais de calquera tipo de empresa ou entidade de carácter privado ou público, en todos os sectores produtivos.

¿Que ocupacións se desempeñan?

- Auxiliar de oficina.

- Auxiliar de servizos xerais.

- Auxiliar de arquivo.

- Auxiliar de información.

- Telefonista en servizos centrais de información.

- Clasificador/ora e/ou repartidor/ora de correspondencia. 

- Ordenanza.

- Gravador/ora-verificador/ora de datos.

- Auxiliar de dixitalización.

- Operador/ora documental.

- Auxiliar de venda.

- Auxiliar de dependente de comercio

- Operador/ora de cobramento ou caixeiro/a.

¿Cales son os módulos deste ciclo?

1º CURSO:

- Tratamento informático de datos

- Técnicas administrativas básicas

- Arquivamento e comunicación

- Ciencias aplicadas I

- Comunicación e sociedade I

2º CURSO:

- Aplicacións básicas de ofimática

- Atención á clientela

- Preparación de pedidos e venda de produtos

- Ciencias aplicadas II

- Comunicación e sociedade II

- Formación en centros de traballo

¿A que outros estudos se pode acceder?

Acceso directo a calquera ciclo de grao medio.

Con preferencia, no caso de haber máis solicitudes que prazas, para a admisión nos ciclos de grao medio das seguintes familias profesionais: Administración e xestión, Artes gráficas, Comercio e márketing, Téxtil, confección e pel,Vidro e cerámica.