Departamentos

          Bolboreta         

Revista escolar

Logo EDLG

Plan Proxecta+

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

CICLO MEDIO DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA

 

CICLO MEDIO DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA

 

 

¿Que título se obtén?

Técnico en Xestión Administrativa
Duración

 2.000 horas

¿Que se aprende a facer?

Realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal. Atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas públicas e privadas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.

¿En que ámbitos se traballa? En calquera tipo de empresa, independentemente do seu tamaño e do sector de actividade, nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía.
¿Que ocupacións se desempeñan?

- Auxiliar administrativo/a.

- Axudante de oficina.

- Auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos.

-Administrativo/a comercial.

- Auxiliar administrativo/a de xestión de persoal.

- Auxiliar administrativo/a das administracións públicas.

- Recepcionista.

-Empregado/a de atención á clientela.

- Empregado/a de tesouraría e empregado/a de medios de pagamento.

¿Cales son os módulos deste ciclo?

1º CURSO:

- Inglés

- Operacións administrativas de compravenda

- Tratamento informático da información 

- Técnica contable

- Operacións auxiliares de xestión de tesouraría

- Formación e orientación laboral

2º CURSO:

- Comunicación empresarial e atención á clientela

- Empresa e administración

- Operacións administrativas de recursos humanos

- Tratamento da documentación contable

- Empresa na aula

- Formación en centros de traballo

¿A que outros estudos se pode acceder?

Acceso directo a calquera ciclo de grao medio ou superior.

 

Obtención do título de bacharelato superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elexida e a materia de Lingua Galega e Literatura.