Departamentos

          Bolboreta         

Revista escolar

Logo EDLG

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

CICLO MEDIO DE MECANIZADO

 

CICLO MEDIO DE MECANIZADO

 

¿Que título se obtén?

Técnico en Mecanizado
Duración

 2.000 horas

¿Que se aprende a facer? Executar os procesos de mecanizado por arranque de labra, conformado e procedementos especiais, preparando e programando as máquinas ferramenta, operando con elas e verificando o produto obtido, conforme as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
¿En que ámbitos se traballa? En industrias transformadoras de metais relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e equipamento mecánico, de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte encadrado no sector industrial.
¿Que ocupacións se desempeñan?

- Axustador/a operario/a de máquinas ferramenta.

- Pulidor/a de metais e afiador/a de ferramentas.

- Operador/a de máquinas para traballar metais.

- Operador/a de máquinas ferramenta.

- Operador/a de robots industriais.

- Traballadores e traballadoras da fabricación de ferramentas.

- Mecánicos/as e axustadores/as.

- Modelistas matriceiros/as e asimilados.

- Torneiro/a, fresador/a e mandrinador/a.

 

¿Cales son os módulos deste ciclo?

1º CURSO:

- Procesos de mecanizado

- Fabricación por arranque de labra

- Sistemas automatizados 

- Interpretación gráfica

- Formación e orientación laboral

2º CURSO:

- Mecanizado por control numérico

- Fabricación por abrasión, electroerosión, corte e conformado, e por procesos especiais

- Metroloxía e ensaios

- Empresa e iniciativa emprendedora

- Formación en centros de traballo

¿A que outros estudos se pode acceder?

Acceso directo a calquera ciclo de grao medio ou superior.

 

Obtención do título de bacharelato superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elexida e a materia de Lingua Galega e Literatura.