Departamentos

          Bolboreta         

Revista escolar

Logo EDLG

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

CICLO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

 

CICLO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

 

¿Que título se obtén?

Técnico superior en Administración e Finanzas
Duración

 2.000 horas

¿Que se aprende a facer? Organizar e executar as operacións de xestión e administración nos procesos comerciais, laborais, contables, fiscais e financeiros dunha empresa pública ou privada, aplicando a normativa vixente e os protocolos de xestión de calidade, xestionando a información, asegurando a satisfacción da clientela e/ou das persoas usuarias, e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.
¿En que ámbitos se traballa? En empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade, nomeadamente no sector de servizos, así como nas Administracións Públicas. Tamén poderían traballar por conta propia, efectuando a xestión da súa propia empresa, ou a través do exercicio libre dunha actividade económica, como nunha asesoría financeira ou laboral, estudos de proxectos, etc.
¿Que ocupacións se desempeñan?

- Administrativo/a de oficina.

- Administrativo/a comercial.

- Administrativo/a financeiro/a.

- Administrativo contable.

- Administrativo/a de loxística.

- Administrativo/a de banca e seguros.

- Administativo de recursos humanos.

- Administrativo/a da Administración pública.

- Administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais, ou xestorías.

- Técnico/a en xestión de cobramentos.

- Responsable de atención á clientela.

¿Cales son os módulos deste ciclo?

1º CURSO:

- Inglés

- Xestión da documentación xurídica e empresarial

- Recursos humanos e responsabilidade social corporativa

- Ofimática e proceso da información

- Proceso integral da actividade comercial

- Comunicación e atención á clientela

- Formación e orientación laboral

2º CURSO:

- Xestión de recursos humanos

- Xestión financeira

- Contabilidade e fiscalidade

- Xestión loxística e comercial

- Simulación empresarial

- Proxecto de administración e finanzas

- Formación en centros de traballo

 

¿A que outros estudos se pode acceder?

Acceso directo a calquera ciclo de grao medio ou superior.

Acceso directo a calquera ensinanza universitaria de grao.

Obtención do título de bacharelato superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elexida e a materia de Lingua Galega e Literatura.