Estrea da curtametraxe Mans salgadas para Vidas mariñeiras 2018
O vindeiro 20 de decembro estréase no cine de Viveiro a curtametraxe Mans salgadas realizada por alumnado do IES de Foz: Rosa Martín, Marta Rega, Uxía Rodríguez, Eva Martínez, Carla Neira, Iria Araúzo, Manuel Menacho, Carla Palmeiro e Diana Rodil -alumna do IES San Rosendo-).
Trátase dun programa de formación audiovisual para o coñecemento da contorna, Vidas Mariñeiras 2018, a cargo do GALP (Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal).
Durante o primeiro trimestre, da man de Marcos Flórez e coa colaboración do EDLG, desenvolvéronse as sesións de formación, o proceso de rodaxe e montaxe do proxecto audiovisual. En Viveiro presentaranse conxuntamente as curtametraxes do IES de Foz e do IES Monte Castelo.