Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar 17-18

Enviado por prof_mvr o Mér, 24/05/2017 - 07:08

No DOG do día 22 de maio de 2017 publícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

As solicitudes deberán presentarse presencialmente preferiblemente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario Solicitude (Anexo I) tamén dispoñoble na secretaría do centro.

O prazo finaliza o 23 de xuño de 2017.

Pódese consultar toda a información en http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros