BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA V

Enviado por prof_mvr o Mar, 14/02/2017 - 13:00

Dez titulados e tituladas en ciclos superiores de Formación Profesional que terminaron os seus estudos durante o último curso poderán facer as súas prácticas formativas a partir de abril en diversos países europeos grazas ao programa educativo municipal Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa V.

As dez persoas foron seleccionadas entre as cerca de 40 candidatas presentadas, nun proceso no que participaron ademais do Servizo Municipal de Educación e a Deputación Provincial a Coruña os centros que son socios do proxecto: CIFP Anxel Casal, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Fernando Wirtz, IES A Sardiñeira, IES Urbano Lugrís, IES Eusebio da Guarda e IES Imaxe e Son.

Na selección das persoas participantes tiveronse en conta aspectos como a nota medio do ciclo, os coñecementos de idiomas extranxeiros e a valoración dos propios centros, como elementos fundamentais.

As prácticas desenvolveranse desde o 21 de abril ata o 19 de xuño en Florencia (Italia), Lisboa (Portugal), Belfast (Reino Unido) e Cork (Irlanda). O Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE), xunto co Concello da Coruña e a Deputación da Coruña, asumen o financiamento do programa, de tal xeito que os bolseiros teñen cubertos os gastos da viaxe, o aloxamento nos países de destino, un seguro de responsabilidade e sanitario, e reciben ademáis unha axuda económica para a manutención e estadía.

O Concello encargase tamén da búsqueda das empresas donde farán as prácticas, onde terán un titor para o seguemento da súa formación.

As persoas seleccionadas finalmente están tituladas en Guía, Información e Asistencia Turística, Agencia de Viaxes e Xestión de Eventos (2), Audioloxía Protésica, Producción de Audiovisuales e Espectáculos, Laboratorio de Diagnóstico Clínico, Comercio Internacional (2) e Dirección en Servicios de Restauración (2). Os centros de procedencia son Eusebio da Guarda, Anxel Casal, Ramón Menéndez Pidal, Imaxe e Son e Paseo das Pontes.

O programa Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa V ten un coste aproximado de 51.000 euros, dos que 10.500 son aportados polo SEPIE, mentras que a Deputación da Coruña aportará outros 15.000, asumindo o Concello da Coruña a aportación dos 25.000 euros restantes. O proxecto conta tamén coa colaboración das asociacións de xoves empresarios Ascega e AJE Marineda. 

Por outra parte, nas próximas semanas comezará tamén o proceso para a selección dos 50 estudantes de ciclos medios de Formación Profesional que poderán participar no programa Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa VI. Este programa estará dividido en dúas convocatorias de 25 prazas cada unha. A primeira poderán optar os/as titulados/as en ciclos medios en decembro de 2016 e os/as titulados/as en ciclos medios en xuño de 2017, con prácticas que se desenvolverán durante tres meses, de setembro a decembro de 2017. Os países de destino serán Irlanda, Austria, Francia, Portugal e Italia.

As bolsas inclúen os gastos da viaxe, o aloxamento, un seguro de responsabilidade e sanitario, a búsqueda da empresa e unha axuda económica para a manutención e estadía.

A este programa poderán optar as persoas que terminen os seus estudos nos seguintes centros: CIFP Anxel Casal, CIPF Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Fernando Wirtz, IES A Sardiñeira, IES Urbano Lugrís, IES Calvo Sotelo, Liceo la Paz, Centro de Formación da Cruz Vermella e Grande Obra de Atocha.

 

Os e as interesadas poderán obter máis información nos respectivos centros educativos ou no Servizo Municipal de Educación, nos teléfonos 981 184200, extensións 12114 e 12038, ademais da web educativa municipal (www.edu.coruna.es).