Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Actividades curso 2015-2016

Describe as distintas actividades desenvolvidas durante o presente curso.

Visita dos alumnos ao CIQUS de Santiago

O pasado 21 de xaneiro, os alumnos de Química de 2º curso de Bacharelato visitaron as instalación do CIQUS da Universidade de Santiago de Compostela. Asemade, logo visitaron o Museo de Historia Natural, acompañados polos profesores Cristina Viqueira, María Xesús Gómez, Miguel García, Pedro Rodríguez e Leandro Ponce. Este último deu unhas explicacións do arte que amosan diversos puntos da cidade.

Fai clic na foto para velas todas.

Conferencia de Ángel Carracedo no Eusebio

O pasado mércores 20 de xaneiro, o doutor Ángel Carracedo impartiu unha conferencia maxistral no noso centenario instituto.

Podes atopar a crónica e fotos do senlleiro acto, ao que asistiu o Excmo. Alcalde da Coruña, neste enlace de Cazatesouros, o blog do club de lectura.

 

Máis: "Para que surdan moitas máis figuras como a do doutor Ángel Carracedo é necesario mimar a educación pública"

 


 

Desexos de Feliz Aninovo para os nosos amigos

Xusto antes das vacacións, cando estaba a rematar o 1º trimestre do curso, recibimos una fermosa sorpresa dos nosos corres de Fontenilles. Fixérannos uns calendarios en recordo do seu paso por eiquí no mes de outubro, ¡cantos recordos! estaban cheos de fotografías de momentos inesquencibles.

¿Qué iamos facer nós para sorprendelos? Pois fixemos isto, una felicitación en forma de vídeo para todos eles e as súas familias, velaiquí. Agardamos que lles gustara. 

O noso agradecemento para tódolos participantes que nos adicaron un anaquiño das súas vacacións de Nadal, especialmente para os guionistas: Blanca, Carolina e Darío, quen fixo tamén labores de rodaxe. Parabéns.  
Xa nos tarda en chegar o mes de abril para ir velos aló. 


Meilleurs voeux pour 2016! 
 

 

Concurso do Nadal 2015


O alumnado de 1º e 2 da ESO adornaron os seus espazos de traballo e tamén fixeron actuacións nunha dura pugna por gañar o concurso. Un resumen pódese ver facendo clic na imaxe superior e no video que publicamos.

Noraboa a todos polo gran traballo feito!


 

 

Chocolate con churros dos membros do Club de Lectura de 1º ESO

Os rapaces do Club de Lectura de primeiro da ESO, na chocolatada de Nadal, deséxannos unhas boas festas.


 

Visita do alumnado de 2º Bacharelato ao Salón de Orientación Universitaria

 (Fotos: Mario Juiz)

Os alumnos de 2º de Bacharelato foron o pasado 16 de decembro a UNITOUR, o Salón de Orientación Universitaria en Palexco, acompañados dos seus titores: Mario Juiz, Ana Mª Rodríguez Cabanela, Mar Sendino, Sonsoles Fernández, a vicedirectora Mª Rosario Soto e a coordinadora de Bacharelato, Beni Vidal.


 

Convocada a XI edición do Concurso Literario Rita Suárez Amado

Coa publicación das bases, facemos un chamamento á comunidade educativa para que as difundan entre o alumnado. A XI edición do Concurso Literario Rita Suárez Amado celebrarase no vindeiro mes de marzo, pero os traballos haberá que entregalos antes.

Fai clic na imaxe para ter acceso ás bases.

Actualización 26 Febreiro: Rematado o prazo de entrega dos traballos, próximamente anunciaremos a convocatoria da entrega de premios. Coma sempre, gracias anticipadas aos participantes. Un ano máis os membros do xurado tiveron traballo dabondo e decidir os gañadores foi unha grande responsabilidade.


 

Charla-coloquio de Francisco Castro Veloso.

Hoxe visitounos o escritor vigués, premio Blanco Amor 2005, Francisco Castro. O seu auditorio estivo formado polo noso alumnado de 1º da ESO. Máis dun cento de rapaces que mereceron xa un dez polo seu comportamento. Estiveron moi atentos á dinámica e entretida charla sobre a xénese da obra Chamádeme Simbad. Logo fixéronlle varias preguntas intelixentes. Francisco Castro respondeu de igual a igual, demostrando unha vez máis a importancia de sermos seres que len, conscientes dos problemas do mundo e do poder do individuo que sabe discernir as palabras sabias das palabras falaces.

 

 

(Fotos de Pedro R. Porca) 

Patinaxe sobre xeo - Primeiro da ESO

Durante o mes de novembro, o alumnado de 1º da ESO, a través  do departamento de EF, acudiu a realizar unha actividade tan gratificante como é o Patinaxe sobre Xeo, na pista ubicada no exterior do centro comercial Marineda. Axiña o alumnado de 2º pasará pola misma experiencia.

As imaxes foron tomadas polo profesor Alfredo Haz.


 

En lembranza das vítimas. Todos somos París

 

Minuto de silencio en lembranza das vítimas de París. (Fotos: varios autores)

(Deseño de Jean Jullien)

Actualización:

Os alumnos do colexio de Fontenilles (France) fixeron un padlet para recoller os seus pensamentos. Nel tivo cabida a nosa aportación.

La Voz de Galicia fíxose eco da nosa protesta silenciosa. Aquí o enlace para velo. Asemade, noutro artigo, ampliou a información.

Engadimos outra foto panorámica:

 (Foto: Mario S. García)


 

Sous le ciel de La Corogne

Lembrando a lexendaria canción de Edith Piaf "Sous le ciel de Paris", poidemos escoitar aos alumnos participantes no intercambio con Fontenilles (Francia) na sala de usos múltiples, o pasado 16 de outubro.

 
Unha nova edición do noso intercambio para alumnos de 3º e 4º da ESO púxose en marcha e 30 alumnos do collège Irène Joliot-Curie visitáronnos na nosa cidade a semán pasada..

As actividades realizadas foron moitas e os lazos estreitábanse cada vez máis. Agora toca o intercambio epistolar ata que chegue a primavera, aló polo mes de abril devolverémoslles a visita.

O momento da despedida foi triste pero esa tristeza hase ir tornando pouco a pouco en ilusión ante o achegamento da data elexida para viaxarmos nós ata terras galas.

Nestes días fixemos moitos amigos, agardamos que esa amizade que comeza, perdure moito tempo. Estamos seguros que na segunda parte deste intercambio verase fortalecida. Ata pronto amigos.

À très bientôt. Bises de nous tous.

Ampliación: O programa Boas Tardes da CRTVG recolleu a visita cando os rapaces visitaron Cambados. Aquí podes velo.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut