Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

J'ai demandé à la lune. Élèves de ESO.

Actividade de fin de curso.

Como ben sabedes, no departamento de francés gústanos máis unha canción que comer bica (sempre preparamos cancións para o intercambio con Fontenilles, participamos no Festival da Francofonía, …) por iso decidimos gravar un vídeo cos nosos voluntariosos (porque tamén foi voluntario) rapaces. Puxeron da súa parte o seu prezado tempo dos recreos para poder ensaiar, e iso que estamos en tempo de exames (aínda que cada ensaio era difícil saber se estariamos todos) e finalmente o luns 11 de xuño ocupamos (de xeito pacífico) a escaleira principal.

Queremos agradecer aos profesores a súa colaboración e que permitiran a execución desta actividade.

Grazas.



blog | by Dr. Radut