Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Graduación da promoción 2º Bacharelato 2018

O pasado venres 18 de maio celebramos a festa de graduación do alumnado de 2º de bacharelato. Fixemos a macro foto nas escaleiras ás seis en punto e logo desprazámonos ao salón de actos da Facultade de Economía e Empresa que xentilmente nos cede o Decanato desa facultade e a Universidade da Coruña. Alí dirixiuse aos presentes en nome do claustro o catedrático de Inglés Don Emilio Facal Cancela, e respondéronlle, en nome do alumnado, Inés Villa Latas e Antonio de Ramos López. A presentación do acto estivo a cargo dos alumnos Carla López Sanjurjo e Jorge López Arias. Esta promoción foi particularmente boa: temos propostos para matrícula a doce graduados. Parabéns á promoción do 2017-18, ás súas familias, e ao seu profesorado!

Álbum de Fotos

 

Foto na Voz de Galicia:



blog | by Dr. Radut