Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

CRITERIOS DE PROMOCIÓN e TITULACIÓN da ESO

CRITERIOS de PROMOCIÓN

 

• Promociona de curso o alumnado con todas as materias* aprobadas (do curso actual e dos anteriores), ou con 1 ou 2 materias* suspensas (entre o curso actual e os anteriores).
•  Ademais, o equipo docente poderá decidir a promoción con máis materias* suspensas, sempre que se cumpran todas as condicións seguintes:
  1.      Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias (incluíndo as pendentes) en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.
  2.      Que a suma dos períodos lectivos semanais das materias ou dos ámbitos con avaliación negativa non sexa superior a dez. Para estes efectos, non se considerarán as materias pendentes de cursos anteriores nin as horas de libre disposición.
  3.     Que o equipo docente considere que a natureza das materias non superadas lle permite seguir con éxito o curso seguinte.
  4.      Que o equipo docente considere que ten expectativas favorables de recuperación.
  5.    Que o equipo docente considere que a devandita promoción beneficiará a súa evolución académica.

O equipo docente, sen menoscabo da súas competencias, pode decidir que se compren as aliñas c), d) e e) nos seguintes casos:

i.No caso de avaliación negativa en tres materias de toda a ESO e as notas destas sexan iguais ou superiores a 3.
ii.No caso de avaliación negativa en catro ou máis materias de toda a ESO e as notas das mesmas sexan iguais a 4.

 

Materias coa mesma denominación de cursos diferentes contan como materias distintas.

 



blog | by Dr. Radut