Árbore de Nadal sostible
O alumnado de 1º ESO A e D, coordinados pola súa profesora de Lingua galega e literatura, Teresa Pastor Novo, elaborou unha árbore de Nadal sostible, empregando pasquíns realizados na aula con decálogos de boas intencións. Nesta época, onde o consumismo e o avultado número de residuos é moi evidente, cómpre reflexionarmos na necesidade de coidar o chan onde vivimos, para que dure moitos anos. Teresa Pastor Novo Coordinadora do EDLG |