Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Excursión de 1º BAC a Pontevedra e ao Ecoparque de Marín

10 de xuño de 2022

Excursión de 1º BAC a Pontevedra e ao Ecoparque de Marín

O pasado xoves 9 de xuño o alumnado de 1º BACH puido desfrutar dunha  excursión a Pontevedra e o Ecoparque de Marín, aproveitando ao máximo unha xornada de sol e boa temperatura, acompañado por Laura Horta, Raúl Fernández e Jesús Serna.

Comezou o día coa visita polo casco histórico de Pontevedra, en compañía da guía turística que o Concello puxo ao dispor do grupo, e que permitiu visitar esta fermosa parte da cidade e coñecer interesantes detalles do seu pasado.

Despois do xantar o grupo dirixiuse a Marín, onde gozou de tres horas de divertidas experiencias nas alturas, realizando os percorridos arbóreos a través das tirolinas nos diferentes niveis de dificultade.

Ao remate emprenderon o camiño de volta, co corpo canso e a felicidade que dá a sensación de ter feito amizades máis estreitas e máis numerosas.



blog | by Dr. Radut