Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

ABAU 2022 - EXTRAORDINARIA

ABAU 2022 - EXTRAORDINARIA

SOLICITAR O TÍTULO DE BACHARELATO

(Trámite imprescindible para presentarse a ABAU).

  • Impreso cuberto cos datos do alumno-a, terás que cubrilo e imprimir 1 copia.
  • Seguir as instrucións para pagar as tasas.

Presentar os dous impresos o 29 de xuño na Secretaría xunto cos impresos da ABAU.

MATRÍCULA EXTRAORDINARIA ABAU (Selectividade)

O alumnado que desexe matricularse da ABAU, unha vez cuberta a documentación e pagadas as taxas da ABAU e do Título de Bacharelato, deberá entregar na secretaría do centro, o 29 de xuño, a documentación que se relaciona a continuación:

  • Fotocopia do DNI ou Pasaporte (no caso de estranxeiros).
  • Impreso de matrícula da ABAU. Cubrilo e imprimir 1 copia desde ese enlace.
  • Resgardo acreditativo de ter aboados os prezos públicos de matrícula: cubrir este impreso e imprimir 3 copias.

Unha vez feita a matrícula, os alumnado poderá acceder á aplicación Nerta cunha  conta de usuario que lle chegará polo seu correo electrónico. Premer para ver as instrucións correspondentes.

Importe do prezo de matrícula ABAU:

  • Ordinaria:  63,67 Euros
  • Familia numerosa - Categoría xeral: 31,84 Euros
  • Familia numerosa – Categoría especial: Gratuíta

O alumnado que alegue ser membro de Familia Numerosa, deberá aportar fotocopia compulsada do Título de Familia Numerosa.

  • Persoal das Universidades do SUG: Gratuíta. A gratuidade deberán acreditala mediante certificación dos respectivos Servicios de Persoal e, no caso de cónxuxe ou fillos, ademais por medio da fotocopia do libro de familia onde figure o matrimonio e o alumno/a.
  • Persoas con discapacidade (33%), vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero: Gratuíta.

Publicación listaxe matriculados

O 30 de xuño no Instituto pódense revisar os datos e pódese interpor reclamación desde as 9:30 ata as 13:30 horas na secretaría se hai algún erro.

EXAMES ABAU

Lugar, para o alumnado do IES Eusebio da Guarda: Facultade de Camiños, Canais e Portos. Campus de Elviña. A  Coruña.

Datas convocatoria extraordinaria: 12, 13 e 14 de xullo

Horario das probas

Protocolo ABAU

Aplicación Nerta: https://www.edu.xunta.es/nerta/ 

Máis información: CiUG 

AdxuntoTamaño
1.IMPRESO PARA RECOLLER DATOS DO ALUMNO.pdf47.19 KB
2.PAGO DE TAXAS PARA O TÍTULO DE BACHARELATO.pdf772.88 KB
3.impreso_prematricula_bach.pdf227.78 KB
4.impreso_taxas.pdf186.32 KB
5.Instruccións NERTA Alumnado ABAU_2022.pdf113.02 KB
6.horario.pdf181.67 KB


blog | by Dr. Radut