Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

SatCor equipo do IES Eusebio gana o 2º premio á misión científica máis destacada

29 de abril de 2022

SatCor equipo do IES Eusebio gana o 2º premio á misión científica máis destacada

Lanzando o noso satélite

O 28 de abril de 2022, Rosalía, Sol, Marcos, Guillermo, Santi e Hugo viaxan ao aeródromo das Rozas para cumprir un soño: axudar a protexer os nosos bosques galegos dos incendios. Durante este curso escolar, estiveron a deseñar un satélite para o proxecto  Cansat da Axencia Espacial Europea. A idea orixinal, baséase, en que unhas estacións colgadas nas árbores, puidesen enviar unha sinal de alarma ao satélite, tan pronto detectasen un incendio. O satélite  reenviaría este sinal a unha estación base, e desta maneira as autoridades poderían tomar accións rapidamente.

Dous días antes de chegar ao aeródromo, todos  os sistemas funcionaban correctamente, pero ao chegar ás Rozas, o satélite non funcionaba! Con todo o estrés a flor de pel, desmontaron o dispositivo peza por peza e mantendo a calma moito mellor que moitos adultos, puxéronse a pescudar que pasaba. Un dos cables que alimentaban o circuíto estaba danado! e tiveron que reparalo a toda présa. Ademais, a comunicación do dispositivo instalado na árbore, que enviaba o sinal de alarma de incendio ao satélite, provocaba algún tipo de interferencia, que evitaba que os datos que tiña que enviar o satélite correspondentes a primeira misión,  se enviasen de maneira constante. Liderados por Rosalía, a enxeñeira de programación e hardware, tomaron a difícil decisión en equipo, de sacrificar a 2º misión, para asegurar que a 1º misión funcionase correctamente.

Ao seu profesor Serxio, non lle podía caer máis a baba do orgullo que sentía. Solucionaran o problema eles sós, e de maneira autónoma, tomaron a decisión de sacrificar a segunda misión, para garantir que durante o lanzamento, puidesen recibir os datos da 1º misión correctamente. Neste intre, para o seu profesor, eles xa gañaron o concurso, independentemente dos premios.

Co xurado encima e ao límite do tempo, Sol, axustou o paracaídas e subiu o  mini-satélite ao dron de  Aeromedia. Todo o equipo cruzou os dedos, e cos pelos  erizados nos brazos, miraban expectantes como o dron levaba o seu satélite  a unha altura exacta de 500 metros. De súpeto, as súas caras cambiaron. Un sorriso enorme, debuxouse no rostro do alumnado. Os datos da 1º misión, se enviaba e se recibían correctamente, tanto na subida do dron como na baixada en caída libre controlada polo paracaídas.

 

Analizaron os datos recibidos e sacaron conclusións e gráficas para a súa exposición. Demostraron que o seu satélite descendera á velocidade pedida pola organización e xustificaron as pequenas discrepancias entre os datos teóricos de presión, temperatura, humidade e altitud, cos datos reais obtidos.

O equipo decidiu facer unha exposición, diferente ao resto de participantes, e fixo fincapé, nos valores que quixeron transmitir durante o seu traballo: fomentar as vocacións científicas nas mulleres e transmitir a importancia de mellorar o noso mundo.

A continuación, podedes ver a exposición realizada:

Link ao vídeo da exposición: https://youtu.be/qo-mfOD89Oc

 

O equipo de comunicación, fixo no mesmo día,  unha pequena reportaxe, onde  nos conta a súa experiencia e mesmo entrevistan a outros equipos.

Link ao vídeo resumen: https://youtu.be/0-NFh_Q1XAo

 

O xurado decidiu outorgar ao equipo, o 2º premio, á Misión Científica máis destacada.

Noraboa equipo!

  



blog | by Dr. Radut