Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

“Contribución europea á ciencia”

 “Contribución europea á ciencia”

Os nosos Embaixadores Junior de 3º ESO, coordinados polo seu profesor de Física e Química, Daniel Varela Varela, realizaron durante o mes de febreiro o proxecto: 

“Contribución europea á ciencia”

O proxecto consta de dúas partes diferentes. A primeira parte trata do financiamento europeo para a investigación científica e un resumo de catro descubrimentos científicos feitos polos europeos: o experimento de  Oersted que demostrou como as correntes eléctricas creaban campos magnéticos, o descubrimento da radioactividade feito por Becquerel e as contribucións feitas tanto por Louis Pasteur como por Albert Einstein ao coñecemento científico. 

Esta parte rematou con resumo dedicado ás vacinas contra o COVID-19.

No Infopoint do centro, os alumnos elaboraron un pequeno resumo visual de todas estas achegas científicas europeas. 

Nunha segunda parte, os alumnos fixeron un mural de 3 metros de alto e 4 de ancho, titulado:

“A táboa periódica europea do Eusebio”.

É unha táboa periódica que tamén é a imaxe do edificio principal do noso Instituto. 

No mural, os alumnos seleccionaron aqueles elementos descubertos polos europeos, marcándoos coa bandeira do país correspondente. 

Tamén produciron un informe audiovisual explicando os diferentes experimentos, introducindo a táboa periódica e seleccionando dentro dela 5 elementos representativos dos países europeos, proporcionando información algo máis detallada sobre eles.

 

 



blog | by Dr. Radut