Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Charla do antigo alumno Daniel Vázquez Pombo

O mércores 16 e o luns 21 de decembro, veunos visitar o antigo alumno do centro Daniel Vázquez Pombo. Dende que rematou bacharelato Daniel estivo na Universidade de Vigo estudando Enxeñería Eléctrica e posteriormente fixo un máster en Dinamarca sobre enerxías renovables. 
Estes dous días, Daniel estivo con alumnado do centro (alumnos do StemBach e alumnos de 2º de bacharelato) aos que lles explicou o proxecto de doutoramento que está a realizar na Universidade de Copenhagen: Producir o 100% da electricidade que consumimos con fontes renovables. Ademáis desta presentación Daniel tivo unha charla cos rapaces en relación as súas andanzas na ciencia, dende que saiu do instituto.
Grazas Daniel pola túa visita.


blog | by Dr. Radut