Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

A tecnoloxía con alegría

Destapa a túa creatividade !

O alumnado de 4ºC e 4ºE da ESO, da materia de TIC, enfrontouse ao reto de deseñar as tarxetas identificativas do noso Instituto nas cales, na parte frontal era requisito transformarse nunha profesión que lles parecese atractiva e pola parte de atrás tiñan licenza libre para realizar un deseño orixinal e divertido. Sorprendéronnos con todo tipo de profesións e aventuras interesantes e o máis importante, déronse conta, que a creatividade está dentro de todos nós, desterrando o mito falso, de que algúns non somos creativos. 

Doutra banda o alumnado de 1º Bacharelato de TIC, 1º G, e 1ºD-E, convertéronse nunha empresa de deseño, co propósito de traballar as competencias nun caso real. Encargóuselles deseñar unha orla innovadora para a súa clase, onde tanto as ideas, como a xestión do proceso, asignación de roles, organización do tempo , detección de necesidades de formación e posta en marcha fose liderada integramente polo alumnado. Ademais debían presentar o proxecto diante da directiva do Instituto.  Ao comezo do proxecto estaban convencidos de que sabían traballar en equipo e a verdade revelou que aínda tiñan moito que aprender. A idea final de 1ºG consistía en crear unha Orla, en formato de revista, cunha historia común que enlazase a vida dos seus protagonistas, é dicir do propio alumnado transformado en avatares fantásticos. Doutra banda, a clase de 1ºD-E, lanzou a idea de construír un portátil, en cal dentro do escritorio tivesen iconas de programas con forma de avatar representativos de cada un deles.

O resultado final non foi espectacular, se falamos do produto, pero iso non é o importante. 

O importante é que o alumnado tivo que realizar unha fase de reflexión posterior sobre o traballo realizado, identificar erros e acertos e facer unha presentación coas mellores prácticas para traballar en equipo. Con este enfoque, o proxecto foi un éxito, xa que puideron identificar erros, reflexionar sobre eles e trazar unha folla de ruta, con pequenos pasos, que lles sirva de axuda en sucesivos proxectos.

Convidamos o alumnado a seguir potenciando a súa creatividade, a súa curiosidade, as súas ganas de aprender e a seguir cometendo millóns de erros, co firme obxectivo de aprender e mellorar.

 



blog | by Dr. Radut