PROTOCOLO COVID-19 DO IES EUSEBIO DA GUARDA PARA O CURSO 2020-21
PROTOCOLO COVID-19 DO IES EUSEBIO DA GUARDA PARA O CURSO 2020-21
RECORDATORIO DE NORMAS COVID. 18 xaneiro de 2021
Estase a recordar ao alumnado as normas do protocolo COVID. Aproveitamos tamén para informar ás familias:
Ante calquera síntoma, sexa cal sexa, NON SE PODE ACUDIR AO INSTITUTO, aínda que haxa exames. Neste caso, as ausencias serán comunicadas e xustificadas polas familias mediante chamada ou correo electrónico.
Ventilación máxima nas aulas en todo momento.
Non pode haber intercambio de material entre o alumnado.
Cada alumno/a estará no seu sitio á entrada, saída e durante as clases, sen desprazarse pola aula. O alumnado de bacharelato pode quedarse na aula durante os recreos para estudar, sempre no seu sitio.
Non se pode ir a outras aulas.
Nos corredores, escaleiras… o alumnado desprazarase en fila, mantendo a distancia de seguridade e sen deterse.
No Instituto, recreos (patio, pista…) e fora do centro, hai que seguir cumprindo as normas: máscara, distancia de seguridade…
Protocolo de actuación COVID-19 do IES Eusebio da Guarda (actualización do 8 de outubro).
Vídeo de ventilación das aulas controladas con medidores CO2
---------------------------------------------------------------
NOTA: Ante a posibilidade de aparición de casos confirmados de positivo de COVID19, esta Dirección seguirá o protocolo establecido polas autoridades sanitarias, que respecta a Lei de Protección de Datos. Os responsables dos centros educativos o serán tamén de gardar a confidencialidade en caso de que un/unha alumno/a dea positivo en coroavirus polo que o Centro debe protexer o seu anonimato e evitar estigmatizalo/a. O persoal do centro docente, tal como é preceptivo para os traballadores do sistema sanitario, deberá observar en todo momento o tratamento confidencial da identidade e datos dos casos que sexan sospeitosos ou confirmados.
De forma inmediata, comunicarase a incidencia ás Xefaturas Territoriais de Educación e de Sanidade. Esta última poñerase en contacto coas familias que poderían verse afectadas.
Este curso necesitamos de forma especial o apoio de toda a Comunidade Educativa para superar as complicacións que xurdirán, pero o Eusebio está a poñer e actualizará todas as medidas para minimizar o efecto desta pandemia.
---------------------------------------------------------------
Vídeo de medidas individuais no Instituto:
Vídeo Medidas de circulación no Instituto:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
PROTOCOLO DE ACTUACION COVID19 17-02.pdf | 1.52 MB |
PLAN DE CONTINXENCIA COVID 17-02.pdf | 63.95 KB |