IES EDUARDO PONDAL

Novas Erasmus

Xornada pola Ciencia en galego

   

O próximo xoves 4 de novembro imos falar de ciencia en galego e imos facelo con outros cen centros de ensino de Galicia. Na primeira imaxe podedes enlazar coa páxina na que se explican algunhas das actividades que se van a realizar en toda Galicia, incluídas as do noso IES. 

As nosas actividades serán as seguintes:

- A conquista do espazo. Unha historia da exploración do Sistema Solar. (Podes descargar aquí as imaxes da charla ou ler a principal fonte empregada para preparala)

- O programa Stellarium, un exemplo de software en galego.

- Como fabricar un planisferio estelar.(Podes descargalo premendo nas dúas imaxes da dereita)

- Observación do ceo nocturno. (Máis información na páxina do Departamento de CCNN)

- O númeroáureo e a serie de Fibonacci na natureza, arte,...

- Científicos galegos

- Convocatoria do II Premio de investigación científica Ángel Carracedo

- Videoconferencia dende o CERN

 

VISÍTANOS: Darío Xohán Cabana

 Darío Xohán Cabana visita o Couto con motivo do Outono Pondaliano. Está previsto que os alumnos e alumnas de 4º de ESO asistan á ponéncia  que o escritor e académico pronunciará o día 30 de novembro, titulada "De Pondal a Novoneyra".

Darío Xohán Cabana é poeta, narrador, ensaísta, tradutor de obras como A Divina Comedia de Dante ou o Cancioneiro de Petrarca. Unha das súas novelas máis coñecidas é Galván en Saor. PREME AQUÍ

 

GALVÁN EN SAOR

O corvo branco revoou tres veces sobre o petouto, e logo saíu largado cara ás carballeiras de Saor. O señor Galván montou na motocicleta e deulle ó pedal. O motor bruou poderoso. Meteu primeira cun rexo golpe de pé, soltou o embrague pouco a pouco e botou a andar pola estrada do Leste. Chegado á Valeca, colleu a man destra por entre a carballeiras de Calibón, en segunda e a medio gas.

Sentiu un berro de lonxe e meteu esporas ó cabalo. A súa negra armadura e o escudo coa sina do falcón vermello resoaban metalicamente cos golpes das ramallas máis baixas dos caxigos, pero séñer Galván corría a galope na dirección do berro, ata que chegou...Por que non buscas o libro na biblioteca e segues lendo?

 

 

VELAQUÍ: un exemplo de microrrelato de terror.

Estou deitado no sofá, ao pé da cheminea na que arde o lume. Teño unha copa na man dereita.Coa man esquerda, caída descoidadamente, acariño a cabeza do meu can... ata que descubro que non teño can.

Arthur Conan Doyle

Concurso de microrrelatos de Samaín

Este ano queremos pasar mooooito medo

¿SEREDES QUEN DE FACELO?

Só tedes que vir á biblioteca , escoller un póster e seguir ás instrucións.

<a title=

Samain

Distribuir contido