Novas Erasmus

INAUGURACIÓN E PINCHOS

Vimos de inaugurar unha Galería de Relatos Ultralixeiros. Son unha mostra de Mini Relatos, historias de apenas dun minuto. Para lelos non tes máis que ir á páxina principal de Normalización ou premer aquí.

SABÍAS QUE. . . ?

                                                                                  

Durante moito tempo creuse que unha cousa tan enerxética como a radiactividade tiña que ser beneficiosa. Os fabricantesde dentífricos e de laxantes puxeron durante anos torio radiactivo nos seus produtos e, ata finais da década dos vinte, o Hotel Glen Springs de Nova Iork (e outros, sen dúbida), proclamaron os efectos terapéuticos das súas fontes radiactivas. Non se prohibiu o uso en artigos de consumo ata 1938. Daquela era xa demasiado tarde para Marie Curie (a descubridora da radiactividade) que morreu de leucemia en 1934. En realidade, a radiación é tan perniciosa e duradeira que, mesmo hoxe, os seus documentos da década de 1890 (ata os seus libros de cociña) son demasiado perigosos e non se poden utilizar. Os seus libros de laboratorio gárdanse en caixas forradas de chumbo e os que queren velos teñen que poñer roupa especial. 

BILL BRYSON. Unha breve historia de case todo 

SABÍAS QUE. . . ?

 

 

 En Islandia apenas hai bosques, non hai lobos, non hai bolboretas propiamente ditas e non hai formigas. Pero hai glaciares grandes, hai raposos, hai renos salvaxes e ultimamente, van uns dez anos, a avéspora chegou á illa.

Auroras Boreais. Hermann Stefánsson

A IMPORTANCIA DAS VOTACIÓNS

 

 

 

Onte, 9 de marzo, o día das eleccións xerais, exercendo o meu dereito a ler, que é un dereito que se pode exercer todos os días, aínda que algúns o fagan só cada catro anos, atopei a seguinte pasaxe. Trátase dun fragmento da novela de Luis Sepúlveda Un viejo que leía novelas de amor que transcorre nunha aldea remota da amazonia. Tamén alí chega un día o goberno a recoller o voto dos habitantes, pero só dos que saben ler:

"Dous aburridos emisarios do poder recollían o sufraxio secreto dos habitantes do Idilio, con motivo dunhas eleccións presidenciais que se celebrarían un mes máis tarde.

Antonio José Bolívar chegou tamén ata a mesa.

-Sabes ler? -preguntáronlle.

-Non me acordo.

-A ver. Que di aquí?

Desconfiado, achegou o rostro ata o papel que lle tendían, e asombrouse de ser capaz de descifrar os signos escuros.

-O se-ñor-señor-can-di-da-to-candidato.

-Sabes ler?, tes dereito a voto.

-Dereito a que?

-A voto. O sufraxio universal e secreto. A elixir democraticamente entre tres candidatos que aspiren á primeira maxistratura. Entendes?

-Nin unha palabra. Canto me custa este dereito?

-Nada, home. Por algo é un dereito.

-E a quen teño que votar?

-A  quen vai ser. Á súa excelencia, o candidato do pobo.

Antonio José Bolívar votou ao elixido e, a cambio do exercicio do seu dereito, recibiu unha botella de Frontera.

Sabía ler.

Foi o descubrimento máis importante de toda a súa vida. Sabía ler. Era posuidor do antídoto contra o pezoñento veleno da súa vellez. Sabía ler. Pero non tiña que ler."

Aínda que nesta pasaxe hai unha crítica a un sistema electoral corrupto, o importante é que grazas á existencia das elección democráticas unha persoa descubre que sabe ler. De forma casual, as eleccións cambian a súa vida. Se non exitisen Antonio José Bolívar, un vello que lía novelas de amor, estaría condenado ao aburrimento durante os anos da súa vellice.

Recomendamos aos nosos lectores esta novela de apenas 130 páxinas do escritor chileno Luis Sepúlveda, gran aventureiro e viaxeiro, que nos descubre as historias e os secretos da rexión amazónica dos indios shuar (mal chamados Xíbaros, redutores de cabezas). A través da vida de Antonio José Bolívar Proaño aprenderemos a coñecer a Selva e as súas leis, a respectar os animais e os indíxenas que a poboan, pero tamén a cazar o temible "tigrillo" como ningún branco xamais puido facelo.

                                                                                         

I PREMIO DE CREACIÓN LITERARIA DO IES DE PONTECESO

 

 

Acábase de convocar o I Certame Literario do IES de Ponteceso. As bases do premio e as modalidades da convocatoria podes consultalas aquí.  

 

Distribuir contido