Novas Normalización

"RetratoAutorretrato". Lois Pereiro por Xosé Abad.

"Schuwarze Milch der Frühe" (Leite negro do abrente) foi o verso escollido por Lois Pereiro para acompañar esta fotografía. Pertence ao poema "Todesfugue" (Fuga da morte) de Paul Celán que recrea a experiencia do poeta xudeu nun campo Nazi. A foto, de Xosé Abad, debía ser personalizada polo retratado, aínda que neste caso foi o irmá de Lois Pereiro o encargado de escribir o verso e facer os retoques, seguindo as súas indicacións, por ter o pulso máis firme, como explica no prólogo ao libro O negro leite da aurora. Viaxe á xeografía lírica de Lois Pereiro.

A forza descarnada de Lois Pereiro que nos mostran as fotos procede de que nos amosa a proximidade co óso, a esencia mesma á que conduce a obra. Alí non hai flacidez, senón esqueleto que quere converterse en pel.

( categories: )

17 de maio: Día das Letras Galegas

preme sobre o papel para ir á páxina oficial de Lois Pereiro

( categories: )

Convócase o IV Premio Eduardo Pondal

O I.E.S de Ponteceso convoca o IV PREMIO DE POESÍA "EDUARDO PONDAL". Podedes recoller as bases no taboleiro de Normalización Lingüística do centro ou consultalas e descargalas no apartado "Certames de literatura" da Páxina principal de Normalización.

( categories: )
Distribuir contido