Skip to Content

Presentación

Presentación

 

O IES de Vilamarín iniciou a súa andaina como centro-residencia de FP no curso académico 1989-1990. Durante o mesmo, impartíuse Formación Profesional da familia de Agraria, incorporándose máis tarde ensinanzas das familias profesionais de Hostalaría e Turismo e Industrias Alimentarias.

A oferta formativa de Hostalaría e Turismo foise incrementando progresivamente ó longo do tempo ata acadar no presente curso un total de oito ciclos nas modalidades ordinaria e modular.

O centro atópase ubicado na localidade de Borulfe, próxima a Vilamarín, municipio rural de aproximadamente 2000 habitantes. O sector primario, así como o aproveitamento dos recursos forestais, aínda están presentes na economía do concello, pero o sector terciario é o que experimentou un maior crecemento en canto a man de obra ocupada durante os primeiros anos deste século, non tanto polo desenvolvemento empresarial local como por atoparse o concello na área de influencia da cidade de Ourense, a tan só 17 km de distancia, e coa que mantén estreitos vínculos socioeconómicos. De esta cidade procede a maior parte do alumnado matriculado no IES de Vilamarín

O IES de Vilamarín leva anos colaborando con empresas do sector da hostalería co obxecto de que o alumnado saque o máximo proveito do módulo de Formación en Centros de Traballo. 

Distribuir contido


by Dr. Radut