No vindeiro mes de novembro, do 15 ao 18, estaremos presentes na feira MATELEC, en Madrid, co noso alumno Abdel Jalil Mahdaoui Mañana, que participa no concurso de xovenes instaladores a nivel nacional tras quedar no 1º posto no concurso autonómico que se celebrou o pasado xuño a través da asociación ASINEC.
Galiciaskills é o campionato galego da formación profesional que se celebra cada dous anos e consiste no desenvolvemento dunha serie de competicións relacionadas coas distintas especialidades da formación profesional, nas que os participantes han demostrar a súa competencia profesional e medir as súas destrezas con alumnado de distintos centros de Galicia na realización das correspondentes probas.