try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Información BECAS EXCELENCIA ACADÉMICA - Concello de Arteixo

BECAS EXCELENCIA DO CONCELLO DE ARTEIXO

 


 ÚLTIMA CONVOCATORIA - ABRIL 2018:

  • PRAZO REMATADO E SELECCIÓN FINALIZADA

Está aberto o prazo de solicitude das Becas de Mobilidades ERASMUS+ para os alumnos dos últimos cursos de Ciclos Medios e Superiores do IES de Sabón, para que poidan realizar as súas prácticas de empresa (FCT), durante un periodo de 11 semanas, nunha empresa da Comunidade Europea, da súa elección.

Coa finalidade de promover a mobilidade de estudantes, o Concello de Arteixo integra nos seus obxectivos a necesidade de apoiar a Formación Profesional dos estudantes coa finalidade de ofrecer oportunidades para completar as actividades formativas no centro con experiencias no ámbito laboral real a través da formación en centros de traballo no estranxeiro.

Poderán participar no proceso tódolos alumnos/as matriculados no último curso dun CICLO de GRAO MEDIO e de GRAO SUPERIOR do IES de Sabón. O alumnado que concorra a cada convocatoria deberá terminar o período de formación práctica nos centros de traballo (FCT) antes do 31 de Decembro do ano natural da convocatoria.

O IES de Sabón colabora co Concello de Arteixo seleccionando a aqueles alumnos interesados en solicitar estas becas. Unha vez finalizado o proceso de selección de posibles candidatos, estes serán propostos a Concellería de Relacións coa Comunidade Educativa, Area de Benestar Comunitario do Concello de Arteixo, coma aspirantes as becas.

  • O prazo límite de presentación de solicitudes remata o Venres, 23 de Marzo do 2018 as 12:00.
  • O Lugar de presentación é na Dirección ou Secretaría do IES de Sabón ou ao Coordinador dos Programas Internacionais.
  • Formulario de solicitude.
  • As base da convocatoria cos seus correspondentes criterios de selección poden se atopados no seguiente enlace.
  • Enlace para acceder ao Curriculums Vitae de Europass.

 


 CONVOCATORIA ANTERIORES:

  ABRIL 2018