Skip to Content

SAÍDA: O románico en Arteixo

   O xoves 15 de febreiro, os alumnos e alumnas de 1º FPB de cociña e electricidade realizaron unha saída didáctica proposta polo concello sobre o románico en Arteixo.


   Aínda que a localidade conta con diversas mostras de arte románico, seleccionáronse dúas igrexas: San Tomé de Monteagudo e San Tirso de Oseiro (ambas posúen unha serie de trazos característicos das construcións arquitectónicas que se sitúan no período medieval).
Para coñecer con máis detalle as particularidades de cada unha delas, contamos coa axuda de Chus que, con moita paciencia e amabilidade, encargouse de explicar os aspectos artísticos e históricos máis relevantes.



blog | by Dr. Radut