Skip to Content

TEATRO "ESAS COUSAS MARABILLOSAS"

 

 O venres día 6 de outubro o profesorado xunto co alumnado do IES de Sabón disfrutaron no Centro cívico de Arteixo desta obra de teatro.

 

 

 

 

“Esas cousas marabillosas” comeza cando o público vai entrando na sala e é recibido polo actor. Dálles a benvida, axúdaos a se acomodar, e dálles un papeliño que vai xogar no espectáculo. Cando empeza o espectáculo, o público xa leva un cacho dentro del sen sabelo e algúns cunha "cousa marabillosa" na man.

 

É unha peza participativa, tenra, emocionante e divertida.

É unha comedia que fala sobre a saude mental, a depresión e o suicidio.
É unha obra que pode cambiarche a vida…e para bén.



book | by Dr. Radut