Skip to Content

VISITA: BANCO DE ESPAÑA. A CORUÑA. 23/05/2023

 

O Alumnado de 1º Bacharelato (Economía) e 1º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas do IES de #Sabón (#Arteixo) efectuou esta mañá unha visita ao Banco de España. 

Profesores acompañantes: Mónica Edreira, Rubén Vazquez y Pilar Martínez.

A visita consiste nunha presentación "COÑECE O BANCO DE ESPAÑA:

MÁIS DE DOUS SÉCULOS DE HISTORIA. A historia do Banco de España remóntase ao 2 de xuño de 1782, coa fundación do Banco Nacional de San Carlos. En 1829, créase o Banco Español de San Fernando, que se fusiona co Banco de Isabel II en 1847. Vídeo “Historia del Banco de España”

 

O BANCO DE ESPAÑA E O EUROSISTEMA. O 1 de xaneiro de 1999, o Banco de España, xunto cos bancos centrais dos Estados membros da UE que adoptaron o euro como moneda única, transfiren as súas competencias en materia de política monetaria ao Eurosistema. Vídeo "El BCE y el Eurosistema".

 

O BANCO DE ESPAÑA E O MECANISMO ÚNICO DE SUPERVISIÓN (MUS), 

Formado polo Banco Central Europeo (BCE) e as autoridades su - pervisoras dos países da Unión Europea (UE) que participan nel, entre as que se atopa o Banco de España. Vídeo “El Mecanismo Único de Supervisión” (MUS).

 

AdxuntoTamaño
BANCO DE ESPAÑA. PDF.pdf1.14 MB


book | by Dr. Radut