Skip to Content

VISITA EXPOSICIÓN 140 ANOS "LA VOZ DE GALICIA".

O alumnado de primeiro do Ciclo Medio de Xestión Administrativa e primeiro de Ciclo Superior de Administración e Finanzas, visitan a exposición: “La Voz de Galicia celebra os seus 140 anos” nas rúas da Coruña.

Quince cubos forman o corpo xeral de esta exposición, desde o fundador, Juan Fernández Latorre, ata o actual presidente/editor, Santiago Rey Fernández-Latorre, que fixo seus os principios fundacionais do seu avó.

As multas por defender o idioma galego, a aposta pola cultura como a Biblioteca Galega ou a Colección 120, entre outros. A colaboración con la comunidade educativa. O intenso traballo da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre na formación de profesionais a través do Máster; na escola co programa “prensa escola” no que participan o alumnado do IES de Sabón, o programa Voz Natura para a educación ambiental da rapazada; o na organización del Premio Fernández Latorre. 

 



page | by Dr. Radut