Skip to Content

FLORES A ROSALÍA

O IES de Sabón convídavos a divulgar o legado de Rosalía gravando os seus poemas (recitados ou cantados).

 Pode enviar gravacións calquera membro da comunidade educativa do IES de Sabón.

 As gravacións que nos cheguen estarán dispoñibles para seren visulizadas no blog da biblioteca; ademais, farase unha visualización nas aulas o Día de Rosalía (23 de febrero), que permitirá premiar os mellor valorados.

 A recepción de gravacións levarase a cabo durante todo o curso.

 O Día de Rosalía propoñerase unha visualización en cada aula dos dispoñibles até ese momento. Os máis valorados polos alumnos quedarán preseleccionados para a votación final, que pode coincidir coa semana das Letras galegas.

 Subiranse ao blog da biblioteca aquelas gravacións que se considere que cumpren certos requisitos de calidade. Así e todo, tódalas contribucións recibirán como agradecemento un vale para a cafetería do centro.

Premios:

 Cadanseus 10 euros para os 5 preseleccionados o Día de Rosalía.

Cadanseus 10 euros para 5 máis preseleccionados na semana das Letras Galegas.

Tres premios de 30, 20 e 10 euros aos finalistas. 

As gravacións deben enviarse ao seguinte enderezo: concursosdlg@iesdesabon.org e no asunto indicarase o título do concurso

 Animádevos a participar e sorte!

 



blog | by Dr. Radut