try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

XORNADAS ARTEIXO INNOVACION 2018

Os pasados 7, 8 e 9 de Maio leváronse a cabo as xornadas de Arteixo Innovación que organiza o concello de Arteixo cos centros educativos de infantil, primaria, secundaria, bacharelato e FP. Nestas xornadas poidemos ver todo tipo de proxectos educativos baseados nas TIC e nas TAC que están a desenrolar os docentes que pertencen aos centros do concello adscritos ao Plan de Arteixo Innovación.

Contouse con poñentes tan magníficos como o profesor Anxo Carracedo que conxuga á perfección humanismo, ciencia e innovación.

Por parte do noso centro expuxéronse os proxectos seguintes:

  • "Análise de Texto en Moodle". Ponente Profesor Pedro Bravo
  • "Vivenda Domótica en 3D" Ponente Profesor Castor Sampedro e os alumnos do CME
  • "BiblioSabón": Cara a unha biblioteca líquida". Ponente Sonia Vivero e alumnas do voluntariado da biblioteca.