Entrar

 

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Entroido 2017

Este ano, como non podía ser doutra maneira volvemos celebra o entroido no IES de Rodeira cunha gran participación entre o alumnado e o profesorado. Bótalle unha ollada ao vídeo coas fotos dos disfraces.

"Atlantis. A ciencia do mito" por Emilio Varela

O xornalista e divulgador Emilio Varela deu a coñecer aos estudantes de 2º de Bacharelato do IES de Rodeira o  proxecto titulado "Atlantis. A ciencia do mito", que ben podería chamarse "Unha vida a través dos volcáns", porque a partir destes accidentes naturais diserta sobre o ser humano e a orixe da vida. 

 Atlantis. Emilio Varela  

Charlas sobre ciberviolencia e acoso a muller

A ponente, Arrate Emaldi como ponente do Centro de Información da Muller de Cangas (CIM), deu a coñecer aos estudantes de 1º da ESO do Ies de Rodeira aspectos relacionados coa ciberviolencia, o acoso e a violencia sobre a muller.

                              Charla ciberviolencia

 

Procedemento para a admisión de alumnado en centros públicos para o curso 2017-18

O alumnado que pretenda iniciar estudos no IES de Rodeira, para os efectos de solicitude de admisión, deberá presentar no centro ou a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550B) que se publica como anexo II desta orde. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 1 e 20 de marzo de cada ano.

Club de lectura Vaidelibros adicada a "Vento ferido"

O día 22 de febreiro, dentro da sesión do club de lectura Vaidelibros adicada a Vento ferido, contaremos coa presenza dun representante da Fundación Carlos Casares que nos aportará unha visión máis personalizada do autor desta obra que este ano cumpre 50 anos dende a súa publicación en 1967.

Biblioteca do IES de Rodeira

Actividades complementarias en Xaneiro de 2017

Durante o mes de xaneiro os alumnos do IES de Rodeira recibirán a visita de varios expertos que lles falarán dos seguintes temas:

Magosto 2016

O 10 de novembro celebrouse o San Martiño no noso centro cun gran Magosto

Magosto1 Magosto2

Samain 2016

Este ano tamén se celebrou o Samain no IES de Rodeira onde acontoceu un acto terrorífico.....

  Samain2

Campionato de Fútbol Sala 2016/2017

Xa está en marcha o novo campionato de fútbol sala no IES de Rodeira para o curso 2016/17.

Toda a información da normativa, inscripcións e seguemento pódela atopar no apartado de Actividades deportivas.

Moita sorte aos participantes!

Proceso de eleccións ao Consello Escolar 2016

Está aberto o proceso das eleccións ao Consello Escolar 2016. A continuación está o listado de documentos coa información máis relevante:

Distribuir contido