Club de lectura Vaidelibros adicada a "Vento ferido"

O día 22 de febreiro, dentro da sesión do club de lectura Vaidelibros adicada a Vento ferido, contaremos coa presenza dun representante da Fundación Carlos Casares que nos aportará unha visión máis personalizada do autor desta obra que este ano cumpre 50 anos dende a súa publicación en 1967.

Biblioteca do IES de Rodeira

Esperamos que esta sexa unha xornada especial canto a que algúns dos membros asiduos do club coñeceron persoalmente ao autor e tamén polo feito de que Carlos Casares fose profesor do noso centro nos primeiros anos de actividade do mesmo na vila de Cangas.

Asemade contaremos coa participación de parte do alumnado de 2º de bacharelato pois Vento ferido figura entre as obras representativas do século XX da literatura galega, período obxecto de estudo neste curso.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer